Lista de monarcas do Reino Armenio de Cilicia
Este artigo refírese á Lista de monarcas do Reino Armenio de Cilicia. Este foi un estado formado na Idade Media por armenios que, despois da conquista de Armenia polos selxúcidas, emigraron en masa á rexión de Edesa, Antitauro e Cilicia. Nesta zona, os armenios ocuparon o poder rexeitando aos bizantinos e crearon un principado que, de novo, foi recuperado polos bizantinos.
Posteriormente, volveu ser independente, coa dinastía Rubénida, unha póla da dinastía bagratuni ou dinastía Bagrátida, que durante moito tempo controlou os tronos de Armenia e Xeorxia. Estes gobernantes rubénidas que, eran inicialmente príncipes rexionais, grazas aos seus estreitos lazos co mundo occidental despois da Primeira cruzada, conseguiron que o principado fose recoñecido como reino (Reino Armenio de Cilicia) en 1198,[1] polo Sacro Imperio Romano Xermánico, e que León II, príncipe de Cilicia se convertese en rei coa denominación de León I, rei de Cilicia. Os reis deste novo reino levaban o título de "rei de Armenia", malia que este reino era territorialmente diferente dos anteriores reinos de Armenia.
En 1252, a dinastía rubénida rematou, trala morte da súa derradeira representante, Isabel de Armenia. Dende ese ano, gobernou o seu marido Hetum I, dando principio á dinastía hethúmida, que perdurou até 1341, ano no que morreu León IV. Daquela, foi elixido para sucedelo o seu curmán, Constantino II, que foi o primeiro rei da dinastía Lusignan. Durante os primeiros anos do reinado de León V, o reino foi conquistado polos mamelucos[2] e, en diante, os titulares dos dereitos convertéronse en meros aspirantes ao trono.
No 1485, Carlota de Chipre cedeu os dereitos ao trono á Casa de Savoia[3] e, o título quedou en desuso até despois de 1861.
Señores e príncipes
editarSeñores de Partzerpert
editarMonarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
Rubén I ou Roupen I | 1081-1095 | Rubénida | Señor de Partzerpert.
Fundador da dinastía rubénida. | |
Constantino I | 1095-1102 | Rubénida | Fillo do anterior; señor de Partzerpert e de Vakha |
Príncipes das montañas
editarPara remarca-la súa independencia do Imperio bizantino, así como o control da parte montañosa de Cilicia, Thoros I tomou o título de Príncipe das Montañas (princeps de montibus).
Monarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
Thoros I, ou Teodoro I | 1102-1129 | Rubénida | Fillo do anterior; casado con Isabel de Courtenay, filla de Joscelino II de Edesa. | |
Constantino II | 1129-1129 | Rubénida | Fillo do anterior. | |
León I | 1129-1140 | Rubénida | Irmán de Thoros I. | |
Thoros II | 1144-1169 | Rubénida | Fillo do anterior. | |
Rubén II ou Roupen II | 1169-1170 | Rubénida | Fillo do anterior. | |
Melias | 1170-1175 | Rubénida | Terceiro fillo de León I. | |
Rubén III ou Roupen III | 1175-1187 | Rubénida |
| |
León II | 1187-1198/1199 | Rubénida |
|
Reis e raíñas
editarMonarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
León I (II) | 1198/1199-1219 | Rubénida |
| |
Isabel | 1219-1252 | Rubénida |
|
Monarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
Hethum I | 1226-1270 | Hetumida |
| |
León II (III) | 1270-1289 | Hetumida | ||
Hethum II | 1289-1293 | Hetumida | Abdicou en favor de Thoros III. | |
Thoros III | 1293-1298 | Hetumida | Cogobernou con Hetum II. | |
Hethum II | 1295-1296 | Hetumida | Cogobernante con Thoros III. | |
Sempad | 1296-1298 | Hetumida | Usurpador. | |
Constantino I (III) | 1298-1299 | Hetumida | ||
Hethum II | 1299-1303 | Hetumida | Reclamou o trono. Posteriormente, abdicou e foi rexente de León III. | |
León III (IV) | 1303-1307 | Hetumida | Gobernou baixo a rexencia de Hetum II. | |
Oshin | 1307-1320 | Hetumida | ||
León IV (V) | 1320-1341 | Hetumida | Baixo a rexencia de Oshin de Korikos até 1329. |
Dinastía Lusignan
editarMonarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
Constantino II (IV) | 1342-1344 | Casa de Lusignan | Elixido polos nobres | |
Constantino III (V) | 1344-1362 | |||
Constantino IV (VI) | 1362-1373 | |||
León V (VI) | 1374-1375 | Casa de Lusignan |
Aspirantes
editarMonarca | Imaxe | Reinado | Dinastía | Notas |
---|---|---|---|---|
León V (VI) | 1375-1393 | Casa de Lusignan | ||
Xacobe I de Chipre | 1393-1398 | Casa de Lusignan | ||
Xano de Chipre | 1398-14232 | Casa de Lusignan | ||
Xoán II de Chipre | 1432-1458 | Casa de Lusignan | ||
Carlota de Chipre | 1458-1467 | Casa de Lusignan |
Potenciais aspirantes hoxe
editarO título pasou á rama Lusignan en Constantinopla e finalmente Rusia.[5] O título foi disputado pola Casa de Savoia e a Casa de Brienne a través de Hugo, conde de Brienne e Xoán de Brienne.[6]
Notas
editar- ↑ Kurdoghlian (1996), pp. 29-56
- ↑ Mutafian (2001), p. 90
- ↑ Lang (1878), p. 179
- ↑ 4,0 4,1 Ghazarian (2000), p. 45
- ↑ Cecil R. Humphery-Smith, Princes of Lusignan page 5 The Institute of Heraldic and Genealogical Studies 2004 and The colonel was probably known as Louis Christian de Lusignan. In the issue No. 180 of the Peterburgskiy Listok (Petersburg List) Newspaper July 3–15, 1884, a list of deceased in St Petersburg between 11 June and 18 June was found. There was a record for Louis Christian de Lusignan, colonel (retired). In the same newspaper issue No. 172 25 June - 7 July 1884, the following article was published: "The deceased who was buried thereby on Smolensk graveyard on 23 July, was a titled King of Cyprus and Jerusalem and Armenia, descendant of one of the protector of God's Casket, colonel of the Russian service, Louis de Lusignan."
- ↑ Arielli (2010), p. 173
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Arielli, Nir (2010). Fascist Italy and the Middle East, 1933–40 (en inglés). Londres: Palgrave MacMillan. ISBN 978-1-349-31204-7.
- Bury, John Bagnell (1923). The Cambridge Medieval History: Volume IV Part I: Byzantium and its Neighbours (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press.
- Kurdoghlian, Mihran (1996). Badmoutioun Hayots, Vol. II (en armenio). Atenas: Hradaragoutioun Azkayin Oussoumnagan Khorhourti.
- Lang, R.Hamilton (1878). Cyprus: Its History, Its Present Resources, and Future Prospects (en inglés). Londres: Mac Millan and co.
- Mutafian, Claude (2001). Le Royaume Arménien de Cilicie, XIIe-XIVe siècle (en francés). París: CNRS Editions. ISBN 2-271-05105-3.
- Poghosyan, S.; Katvalyan, M.; Grigoryan, G.; et al. (1979). Soviet Armenian Encyclopedia (vol.V: Կիլիկյան Հայաստան) [A Armenia Cilicia] (en armenio). Ierevan: Armenian Academy of Sciences.