Dinastía rubénida

dinastía armenia de Cilicia

A dinastía rubénida (en armenio: Ռուբինեաններ) ou roupénida foi unha dinastía armenia que dominou partes de Cilicia, e que crearon o reino armenio de Cilicia ou Armenia Menor.[1] A dinastía tomou o nome do seu fundador, o príncipe armenio Rubén I.[2] Os rubénidas foron barón e príncipes, máis tarde reis, de Cilicia dende arredor de 1080 até que foron substituídos polos hetumís ou hethumidas a mediados do século XIII.

Dinastía rubénida
Tipofamilia nobre
Fundador(es)Rubén I de Armenia
PaísReino Armenio de Cilicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A dinastía rubénida estableceuse en Cilicia, despois da conquista de Armenia polos selxúcidas. Daquela, o bisneto de Rubén, Thoros ou Teodoro, foi nomeado polo emperador bizantino, gobernador dunha parte da rexión de Cilicia. Thoros ampliou o seu territorio e declarouse gobernante do reino armenio de Cilicia en 1080. Os rubénidas continuaron gobernando Cilicia, convertida en reino no 1198, durante máis dun século, con varios membros da dinastía relevándose no trono. Porén, a dinastía estinguiuse en 1222 e o trono pasou á dinastía hethumida.

Baixo os rubénidas, o reino armenio de Cilicia floreceu cultural e economicamente, atraendo unha relevante escena artística e literaria. Os gobernantes rubénidas tamén mantiveron estreitos lazos países europeao e cos cruzados, quen recoñeceron a Cilicia como a aliada cristiá na rexión. Tivo un papel moi importante durante as Cruzadas,[1] pois proporcionaron aos exércitos cristiáns un refuxio e provisións no seu camiño cara a Xerusalén. Igualmente, os matrimonios mixtos con familias cruzadas europeas foron comúns e a influencia relixiosa, política e cultural europea foi tamén moi forte.

Conquista editar

Porén, o reino armenio de Cilicia, finalmente, caeu en mans do sultanato mameluco en 1375.

Príncipes rubénidas de Armenia editar

 
Bandeira da dinastía rubénida, que se converteu na primeira bandeira do Reino armenio de Cilicia.
  • Rubén I (1080/1081/1082-1095)
  • Constantino I (1095-1100/1102/1103)
  • Thoros I (ou Teodoro I) (1100/1102/1103-1129/1130)
  • Constantino II (1129/1130)
  • León I (1129/1130-1137)
  • Thoros II (1144/1145-1169)
  • Rubén II (1169-1170)
  • Melias (1170-1175)
  • Rubén III (1175-1187)
  • León II (1187-1198/1199)

Reis rubénidas de Armenia editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The Editors of Encyclopaedia (28 de agosto de 2019). "Little Armenia". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  2. Baumstark 2011, p. 103

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baumstark, Anton (2011). On the Historical Development of the Liturgy (en inglés). Collegeville, MN: Liturgical Press. ISBN 9780814660966. 
  • Boase, T. S. R. (1978). The Cilician Kingdom of Armenia (en inglés). Edimburgo: Scottish Academic Press. ISBN 0-7073-0145-9. 
  • Edwards, Robert W. (1987). The Fortifications of Armenian Cilicia: Dumbarton Oaks Studies XXIII (en inglés). Washington, D.C.: Dumbarton Oaks, Trustees for Harvard University. ISBN 0-88402-163-7. 

Outros artigos editar