Constantino I, señor de Armenia

nobre armenio

Constantino I ou Kostandin I (1035–1040[1] – c. 1100[2]) foi o segundo señor da Cilicia armenia (1095 – c. 1100). Gobernou a maior parte das rexións dos montes Tauros, mentres xestionaba as cidades e as terras do seu dominio. Proporcionou abundantes provisións aos cruzados, por exemplo durante o difícil período do asedio de Antioquía no inverno de 1097. Era un apaixonado partidario da separada Igrexa armenia.[3]

Infotaula de personaConstantino I, señor de Armenia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1050 ↔ 1055 Editar o valor en Wikidata
Morte1102 Editar o valor en Wikidata
Causa da morteRelampo Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo armenio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor de Partzerpert (1095–1102) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía rubénida Editar o valor en Wikidata
FillosThoros I, príncipe de Armenia, Beatriz de Armenia, Leão I da Arménia (pt) Traducir, Leo, Prince of Armenia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiRubén I de Armenia Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Armenia-6

Hai certa confusión coa súa persoa pois, segundo os cronistas Mateo de Edesa e Sempad o Condestable, Constantino tamén é identificado como un dos príncipes ou comandantes da comitiva do rei Gagik II. Mais de aceptar como posible data de nacemento o período entre 1035-1040, ao suceder o saqueo de Ani en 1045, Constantino non podía ter máis de 10 anos o que imposibilita esa identificación.[1]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Era fillo de Rubén I.[1] Tralo asasinato do rei Gagik II, o pai de Constantino reuniu á súa familia e fuxiu cara ás montañas Taurus para se refuxiaren na fortaleza de Kopitar (Kosidar) situada ao norte de Sis (hoxe Kozan en Turquía)[4] e, finalmente, rebelouse e declarou a independencia dos seus territorios respecto do Imperio Bizantino ao redor de 1080.

En 1090, Roupen non era capaz de dirixir as súas tropas, polo que o seu fillo Constantino herdou o seu mando e conquistoulle aos bizantinos o castelo de Vahka no río Göksu.[1] O dominio deste desfiladeiro fixo posible a imposición de impostos sobre as mercadorías transportadas dende o porto de Ayas cara á parte central de Asia Menor, o que se converteu na fonte de riqueza á que debían o seu poder os roupenios.

O seu reinado

editar

Despois da morte do seu pai en 1095,[1] Constantino estendeu o seu poder cara ao leste cara ás montañas Anti-Taurus.[5] Como gobernante cristián armenio no Levante, axudou ás forzas da Primeira cruzada con aprovisionamentos cando estaban a manter o asedio de Antioquía ata que esta caeu en mans dos cruzados.[6] Os cruzados, pola súa banda, apreciaron debidamente a axuda dos seus aliados armenios e Constantino foi honrado con agasallos, e co título de "marqués" e un título de cabaleiro.[2]

A Cronoloxía de Samuel de Ani rexistrou que Constantino morrera pouco despois de que un raio golpease a súa mesa na fortaleza de Vahka; o que, xeralmente, é interpretado como un feito lendario.[2] Foi enterrado en Castalon.[2]

Casamento e fillos

editar

Segundo a Crónica de Alepo, a súa muller descendía de Bardas Phokas. Tivo os seguintes fillos:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ghazarian 2000, p. 47
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ghazarian 2000, p. 49
  3. Runciman 2002, p. 193
  4. Ghazarian 2000, p. 46
  5. Runciman 2002, pp. 192-193
  6. Ghazarian 2000, p. 47, 49
  7. Morton 2020, p. 86

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ghazarian, Jacob G. (2000). The Armenian Kingdom in Cilicia during the Crusades: The Integration of Cilician Armenians with the Latins (1080–1093). Serie: Caucasus world (en inglés). Richmond: Curzon. ISBN 9780700714186. 
  • Morton, Nicholas (2020). The Crusader States and Their Neighbours: A Military History, 1099-1187. Londres: Oxford University Press. ISBN 9780198824541. doi:10.1093/oso/9780198824541.001.0001. 
  • Runciman, Steven (2002). Historia de las Cruzadas. Vol I: La Primera Cruzada y la Fundación del Reino de Jerusalén (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2059-9. 

Outros artigos

editar
Predecesor:
Rubén I, señor de Armenia
 
Constantino I
Señor de Partzerpert

Señor armenio de Cilicia
1095 - 1102

Sucesor:
Thoros I, príncipe de Armenia