Lingua kalhíphona
A lingua kalhíphona (tamén coñecida como kalinago, ingeri, iñeri ou inyeri), foi unha lingua arauaca falada historicamente polo pobo caribe nas Antillas Menores do Caribe. O kalinago extinguiuse arredor do ano 1920 por mor do xenocidio colonial, mais unha das súas variedades sobrevive como garífuna, principalmente en América Central.
Kalhíphona | ||
---|---|---|
Falado en: | Antillas Menores | |
Rexións: | Caribe | |
Extinción: | 1920 en Dominica, sobrevive como garífuna | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Ta-arauacas Kalhíphona | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | crb
| |
Mapa | ||
Iñeri (kalinago) entre outras linguas precolombianas do Caribe. | ||
Status | ||
Malia o seu nome, o kalhíphona non está relacionado coas linguas caribes. Pola contra, evolucionou das linguas arauacas faladas polos habitantes insulares, ou igneri, que os pobos caribes dominaron durante a era precolombiana. Durante o período colonial francés, os caribes tamén falaron un pidgin derivado do caribe.
Historia
editarDurante a época do contacto europeo, os kalinago viviron nas illas de Barlovento das Antillas Menores, dende Guadalupe até Granada. A tradición contemporánea indica que os caribes (ou kaliphuna) conquistaron estas illas ós seus habitantes anteriores, os igneri. Debido ó feito de que os kalinago descenden dos caribes continentais (kalina) de América do Sur, asumiuse durante moito tempo que era unha lingua caribe ou relacionada co caribe. Porén, os estudos realizados no século XX determinaron que a lingua dos caribes antillanos non era caribe, senón arauaca, relacionada co lokono e co taíno das Antillas Maiores.[2]
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Rouse, Irving (1992). The Tainos. Yale University Press. p. 21. ISBN 0300051816. Consultado o 17 de xuño de 2014.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |