Lindsay Davenport

tenista profesional estadounidense

Lindsay Ann Davenport Leach, nada en Laguna Beach o 8 de xuño de 1976, é unha tenista retirada estadounidense. Foi a número un do mundo en oito ocasións diferentes, por un total de 98 semanas. Davenport é unha das cinco mulleres que foron número un ao final do ano polo menos catro veces (1998, 2001, 2004 e 2005) dende 1975; as outras son Chris Evert, Steffi Graf, Martina Navratilova e Serena Williams. Tamén logrou o número un en dobres.

Lindsay Davenport
Davenport Lindsay.jpg
Nome completoLindsay Ann Davenport
Nacemento8 de xuño de 1976
 Palos Verdes
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterChadwick School e Murrieta Valley High School
Ocupacióntenista
PaiWink Davenport
PremiosBest Female Tennis Player ESPY Award, Best Female Tennis Player ESPY Award e International Tennis Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Destacada polos seus poderosos e consistentes groundstrokes, Davenport gañou un total de 55 títulos individuais do WTA Tour, incluíndos tres títulos de Grand Slam, a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1996 e o WTA Championships. Tamén gañou 38 títulos de dobres da WTA Tour, entre eles tres títulos de Grand Slam e tres campionatos da WTA.

Obtivo uns ingresos durante a súa carriera de 22 166 338 dólares, a oitava maior da historia entre as tenistas femininas, e a maior da súa época ata que foi superada por Serena Williams en xaneiro de 2009.[1]

Davenport foi adestrada durante a maior parte da súa carreira por Robert Van't Hof. En 2005, TENNIS Magazine nomeouna como a 29.ª mellor xogadora (home ou muller) dos anteriores corenta anos. Davenport foi incluída no International Tennis Hall of Fame en 2014.[2]

Finais de Grand SlamEditar

Individuais: 7 finais (3 títulos)Editar

Resultado Ano Campionato Superficie Rival Marcador
Gañadora 1998 Aberto dos Estados Unidos Dura   Martina Hingis 6–3, 7–5
Gañadora 1999 Wimbledon Herba   Steffi Graf 6–4, 7–5
Gañadora 2000 Aberto de Australia Dura   Martina Hingis 6–1, 7–5
Finalista 2000 Wimbledon Herba   Venus Williams 3–6, 6–7(3–7)
Finalista 2000 Aberto dos Estados Unidos Dura   Venus Williams 4–6, 5–7
Finalista 2005 Aberto de Australia Dura   Serena Williams 6–2, 3–6, 0–6
Finalista 2005 Wimbledon Herba   Venus Williams 6–4, 6–7(4–7), 7–9

Dobres: 13 finais (3 títulos)Editar

Resultado Ano Campionato Superficie Parella Rival Marcador
Finalista 1994 Roland Garros Terra   Lisa Raymond   Gigi Fernández
  Natasha Zvereva
6–2, 6–2
Finalista 1996 Aberto de Australia Dura   Mary Joe Fernandez   Chanda Rubin
  Arantxa Sánchez Vicario
7–5, 2–6, 6–4
Gañadora 1996 Roland Garros Terra   Mary Joe Fernández   Gigi Fernández
  Natasha Zvereva
6–2, 6–1
Finalista 1997 Aberto de Australia (2) Dura   Lisa Raymond   Martina Hingis
  Natasha Zvereva
6–2, 6–2
Gañadora 1997 Aberto dos Estados Unidos Dura   Jana Novotná   Gigi Fernández
  Natasha Zvereva
6–3, 6–4
Finalista 1998 Aberto de Australia (3) Dura   Natasha Zvereva   Martina Hingis
  Mirjana Lučić
6–4, 2–6, 6–3
Finalista 1998 Roland Garros (2) Terra   Natasha Zvereva   Martina Hingis
  Jana Novotná
6–1, 7–6
Finalista 1998 Wimbledon Herba   Natasha Zvereva   Martina Hingis
  Jana Novotná
6–3, 3–6, 8–6
Finalista 1998 Aberto dos Estados Unidos Dura   Natasha Zvereva   Martina Hingis
  Jana Novotná
6–3, 6–3
Finalista 1999 Aberto de Australia (4) Dura   Natasha Zvereva   Martina Hingis
  Anna Kournikova
7–5, 6–3
Gañadora 1999 Wimbledon Herba   Corina Morariu   Mariaan de Swardt
  Elena Tatarkova
6–4, 6–4
Finalista 2001 Aberto de Australia (5) Dura   Corina Morariu   Serena Williams
  Venus Williams
6–2, 2–6, 6–4
Finalista 2005 Aberto de Australia (6) Dura   Corina Morariu   Svetlana Kuznetsova
  Alicia Molik
6–3, 6–4

NotasEditar

  1. "Serena Williams breaks Sony Ericsson WTA Tour single-season prize money record" (PDF). WTA Tour. 2 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  2. "Davenport elected to International Tennis Hall of Fame". International Tennis Federation. 3 de marzo de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar