Abrir o menú principal

Chris Evert

tenista profesional estadounidense

Christine Marie Evert, coñecida como Chris Evert Lloyd entre 1979 e 1987, nada en Fort Lauderdale o 21 de decembro de 1954 é unha ex-xogadora de tenis estadounidense. Gañou 18 campionatos individuais de Grand Slam e tres de dobres. Foi a número un do mundo a final dos anos 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1980 e 1981. En xeral, gañou 157 campionatos individuais e 32 de dobres.

Chris Evert
Chris Evert playing tennis at Camp David.png
Nome completoChristine Marie Evert
Nacemento21 de decembro de 1954
 Fort Lauderdale
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióntenista
PaiJimmy Evert
CónxuxeAndy Mill, Greg Norman e John Lloyd
IrmánsJeanne Evert
PremiosFlorida Women's Hall of Fame, International Tennis Hall of Fame e Sarah Palfrey Danzig Award
editar datos en Wikidata ]

Evert acadou 34 finais individuais de Grand Slam, máis que ningún outro xogador na historia do tenis profesional.[1] Mantén o récord de anos consecutivos (13) gañando polo menos un título de Grand Slam.[2] En individuais, Evert chegou polo menos ás semifinais en 52 dos 56 torneos de Grand Slam que xogou.[3] Evert nunca perdeu na primeira ou segunda rolda dun torneo individual de Grand Slam e só en dúas ocasións perdeu na terceira rolda.

A carreira de Evert ten unha porcentaxe de vitorias en partidos individuais de 89,96 % (1309–146), a máis alta da historia da era aberta do tenis, tanto en homes como en mulleres.

Evert foi presidenta da Women's Tennis Association en 1975–76 e 1983–91. Gañou o premio Philippe Chatrier e entrou no Salón da Fama do tenis internacional. Máis adiante, foi adestradora e analista de ESPN, ademais de ter unha liña de equipamento de tenis.

NotasEditar

  1. "Women with most tennis Grand Slam finals appearances". Consultado o 6-6-2012. 
  2. "Chris Evert Fast Facts". CNN. 
  3. "Chris Evert WTA Player Profile". Arquivado dende o orixinal o 13-6-2012. Consultado o 6-6-2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Amdur, Neil; Evert, Chris (1982). Chrissie, My Own Story. New York: Simon and Schuster. ISBN 0-671-44376-3. 
  • Howard, Johnette (2006). The Rivals: Chris Evert vs. Martina Navratilova: Their Epic Duels and Extraordinary Friendship. New York: Broadway. ISBN 0-7679-1885-1. 
  • Wind, Herbert Warren (13-10-1986). "The Sporting Scene: Mainly about Chris Evert Lloyd". The New Yorker 62 (34): 117–145.