O likbez (en ruso: ликбез = ликвидация безграмотности, likvidátsiya bezgrámotnosti; literalmente liquidación do analfabetismo) foi unha campaña de erradicación do analfabetismo na Unión Soviética iniciada logo após a revolución, nas décadas de 1920 e 1930. A campaña foi lanzada o 26 de decembro de 1919, cando Lenin asinou o decreto "Sobre a erradicación do analfabetismo entre a populación da RSFSR" ("О ликвидации безграмотности среди населения РСФСР"). De acordo con este decreto, todas as persoas entre 8 e 50 anos de idade eran obrigadas a se alfabetizar en súa lingua materna.

A campaña foi, no xeral, ben sucedida. En 1917, soamente 32% de todos os adultos da Rusia sabían ler e escribir. Xa en 1926, a porcentaxe de alfabetizados saltou para 60,9%. De acordo co censo de 1939, os alfabetizados xa eran 89,7% (RSFSR, idades de 9 a 49 anos). Desde a década de 1950, a Unión Soviética xa se tíña tornado un país con índice de alfabetización de case 100%.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar