Li Si

político e escritor chinés da dinastía Qin

Li Si (chinés: 李斯, pinyin: Lǐ Sī, Wade-Giles: Li³ Si¹) nado en Shang Cai arredor de 280 a.C. e finado en Xianyang en setembro ou outubro de 208 a.C., foi un político e escritor chinés da dinastía Qin. Serviu como chanceler da dinastía de Qin (246—208 a.C.) e foi recoñecido como filósofo legalista e calígrafo. Serviu a dous soberanos, Qin Shihuang, rei do estado de Qin e máis tarde primeiro emperador, e Qin Er Shi, o fillo máis novo de Qin Shi Huang e segundo emperador.[1] En canto aos seus métodos administrativos, Li "indicou que admiraba e se inspiraba nas ideas de Shen Buai", referíndose repetidamente á técnica de Shen e de Han Fei, mais con respecto á lei seguida por Shang Yang.[2]

Li Si
Nacemento280 a. C.
Lugar de nacementoShangcai County
Falecemento208 a. C.
Lugar de falecementoXianyang
Causawaist chop
NacionalidadeChu e Dinastía Qin
Ocupaciónpolítico, escritor, filósofo e ministro
FillosLi You
editar datos en Wikidata ]

John Knoblock da Universidade de Stanford considerou a Li Si como "unha das dúas ou tres figuras máis importantes da historia da China". Tendo unha clara visión do imperio universal e "un mundo que comprende todos os chineses, traendo co domininio universal a paz universal", Li Si foi "o gran responsable da creación das institucións que fixeron da dinastía Qin o primeiro estado universal na historia da China".

Li Si axudou o emperador Shi Huangdi a unificar as leis, as ordenanzas gobernamentais, os pesos e as medidas, e estadarizou carros, carretas e os caracteres da escritura... [facilitando] a unificación cultural da China. El "creou un goberno baseado exclusivamente no mérito, polo que non imperio os fillos e irmáns máis novos da familia imperial non eran ennobrecidos, mais si os ministros de mérito", e "pacificou as rexións fronteirizas reprimindo os bárbaros ao norte e ao surh". Fixo derreter as armas dos estados feudais e converteunas e campás musicais e grandes estatuas humanas, e relaxou os impostos e os castigos draconianos herdados de Shang Yang.[3]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Li Si foi orixinario de Shang Cai (上蔡) no estado de Chu.[4] Durante a súa mocidade foi un funcionario menor na administración local de Chu. De acordo cos Rexistros do grande historiador, un día Li Si observou que as ratas na dependencia estaban sucias e famentas, mais as ratas no cortello estaban ben alimentadas. De súpeto deuse de conta de que "non hai un estándar establecido para a honra xa que a vida de todos é diferente. Os valores das persoas están determinados polo seu status social. E do mesmo xeito que as ratas, a condición social da xente a miúdo depende puramente dos sucesos aleatorios arredor deles. Sendo restrinxidos por códigos morais, a xente debería facer o que considerase mellor para eles no momento". Decidiu tomar a política como unha carreira, que era unha opción común entre os eruditos dunha familia carente de nobreza durante o período dos estados combatentes.

Li Si non puido avanzar na súa carreira política en Chu. El cría que non lograr nada na vida sendo tan intelixente e educado traería vergoña non só a si mesmo senón a todos os eruditos. Despois de terminar a súa educación co famoso pensador confuciano Xun Kuang (Xunzi), trasladouse ao Estado de Qin, o estado máis poderoso nese momento coa intención de avanzar na súa carreira política.

Carreira en Qin editar

 
Selo de tingwei. O tingwei era o oficial a cargo do poder xudicial; Li Si foi designado como tingwei de Qin despois do incidente da expulsión dos oficiais convidados.

Durante a súa estancia en Qin, Li Si converteuse nun hóspede do Primeiro Ministro Lü Buwei e tivo a oportunidade de falar co gobernante de Qin, o rei Zheng, que máis tarde se convertería no primeiro emperador da China unificada, Qin Shihuang. Li Si expresou que o estado Qin era extremadamente poderoso, pero unificar China era aínda imposible se os outros seis estados se unían para loitar contra Qin. Qin Shihuang quedou impresionado pola visión de Li Si de como unificar a China. Adoptando a proposta de Li Si, o gobernante de Qin investiu xenerosamente para atraer os outros intelectuais ao estado de Qin e enviou asasinos para matar importantes eruditos doutros estados.

En 237 a.C., un maxistrado do tribunal de Qin instou o rei Zheng a expulsar a todos os estranxeiros do estado para evitar espionaxe. Como nativo de Chu, Li Si era un obxectivo claro polo que lle lembrou ao rei explicándolle os cuantiosos beneficios que os estranxeiros daban a Qin, incluíndo "as mozas sensuais de Zhao".[1] Impresionado coa retórica de Li Se, promoveuno.[5] O mesmo ano, Li Si informou que instou o rei Zheng a anexionar o estado veciño de Han para intimidar os outros cinco estados restantes. Li Si tamén escribiu a "Petición contra a expulsión dos oficiais convidados" (Jianzhuke Shu) en 234 a. C., Han Fei, un membro da aristocracia do estado de Han, pediulle ao rei de Han para ir a Qin e resolver a situación a través da diplomacia. Li Si envexaba o intelecto de Han Fei e persuadiu o rei Qin de que non podía regresar a Han Fei de volta (xa que a súa capacidade superior sería unha ameaza para Qin no futuro). Como resultado Han Fei foi encarcerado e no ano 233 a.C., convencido por Li Si, cometeu suicidio tomando veleno. O estado de Han foi máis tarde conquistado no ano 230 a.C.

Despois de que Qin Shihuang se convertese no emperador, Li Si persuadiuno para suprimir a disensión intelectual.[1] Li Si cría que os libros sobre cousas como a medicina, a agricultura e a profecía, poderían ser ignorados, pero os libros políticos eran perigosos en mans públicas. Era difícil progresar e cambiar o país coa oposición de tantos eruditos librepensadores. Como resultado, só o estado debía encargarse de posuír e manter os libros políticos, e só as escolas estatais tiñan a capacidade de impartir a educación aos estudosos políticos. Li Si escribiu o edicto ordenando a destrución dos rexistros históricos e libros opositores en 213 a.C., incluíndo os textos confucianos importantes, que el pensaba que eran prexudiciais para o benestar do Estado. Pénsase comunmente que 460 eruditos confucianos foron enterrados vivos no coñecido acontecemento histórico "queima de libros e sepultura de intelectuais" (焚书坑儒); con todo, isto foi unha tradución errónea nos textos históricos posteriores. En realidade, as 460 persoas que foron enterradas vivas polo emperador Qin Shi Huang eran principalmente sacerdotes e xamáns que presuntamente estaban a privar o emperador de recursos e riquezas mentres buscaban medicamentos que desen vida eterna ou apoteose.

Morte editar

Cando Qin Shi Huang morreu mentres estaba lonxe da capital, Li Si e o eunuco principal Zhao Gao suprimiron a elección do sucesor do último emperador, Fusu. Nese momento Fusu era un amigo íntimo de Meng Tian. Se Fusu se convertía no seguinte emperador, había unha alta probabilidade de que Meng Tian substituíse a Li Si como primeiro ministro. Temendo unha perda de poder, Li Si decidiu traizoar o emperador falecido Qin Shihuang. Li Si e Zhao Gao enganaron a Fusu para que se suicidase, e colocou no seu lugar outro príncipe, Qin Er Shi (229 a.C.-207 a.C.). Durante a decadencia da dinastía, Zhao Gao convenceu o novo emperador de colocar os seus seguidores en posicións oficiais. Cando a súa base de poder era o suficientemente segura, Zhao Gao traizoou a Li Si e acusouno de traizón. Qin Er Shi, que vía a Zhao Gao como o seu mestre, non cuestionou a súa decisión. Zhao Gao tivo a Li Si torturado ata que admitiu o crime. En 208 a. C., Zhao Gao mandou executar a Li Si por medio da tallada de cintura (腰斩).

Contribucións editar

Crendo nun sistema altamente burocrático, Li Si está considerado como o centro da eficiencia do estado de Qin e o éxito das súas forzas armadas na conquista da China. Tamén foi instrumental na sistematización das medidas estándar e da moeda na China trala unificación. Tamén axudou a sistematizar a linguaxe chinesa escrita ao promulgar o estándar do pequeno selo que xa estivera en uso no estado de Qin. Neste proceso, os caracteres variables dentro do léxico de Qin foron proscritos, ao igual que os dialectos das diferentes rexións que foran conquistadas. Isto tivo un efecto unificador sobre a cultura chinesa durante miles de anos.[6] Li Si tamén foi o autor do Cangjiepian, o primeiro compilador de caracteres chinés do cal aínda se atopan fragmentos.[7]

Cultura popular editar

  • Li Si é mencionado na novela de Elias Canetti, Die Blendung (1935).
  • Li Si é unha das 32 figuras históricas que aparecen como personaxes especiais no videoxogo Romance of the Three Kingdoms XI por Koei.
  • Li Si aparece no popular manga Kingdom de Yasuhisa Hara.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Sima Qian, Records of the Grand Historian
  2. Herrlee G. Creel. Shen Pu-Hai: A Chinese Political Philosopher of the Fourth Century B. C. páx.138, 151-152
  3. Xunzi Volume 1. p 37. John Knoblock
  4. Li Si, Chancellor of the Universe en Hammond, Kenneth James (2002). The Human Tradition in Pre-modern China. Scholarly Resources, Inc. ISBN 978-0-8420-2959-9. 
  5. The Human Tradition in Pre-modern China. Scholarly Resources, Inc. ISBN 978-0-8420-2959-9. 
  6. Chen (陳), Zhaorong (昭容) (2003). Research on the Qín (Ch'in) Lineage of Writing: An Examination from the Perspective of the History of Chinese Writing (中央研究院歷史語言研究所專刊) (en chinés). Academia Sinica, Institute of History and Philology Monograph. p. 10, 12. ISBN 978-957-671-995-0. 
  7. Outstretched Leaves on his Bamboo Staff: Essays in Honour of Göran Malmqvist on his 70th Birthday, Joakim Enwall, ed., Stockholm: Association of Oriental Studies, 1994, p 97–113.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Levi, Jean (1993). "Han fei tzu (韓非子)". In Loewe, Michael (ed., 1993). Early Chinese Texts: A Bibliographical Guide, pp. 115–116. (Early China Special Monograph Series No. 2), Society for the Study of Early China, e o Institute of East Asian Studies, Universidade de California, Berkeley, ISBN 978-1-55729-043-4.
  • Michael, Franz (1986). China through the Ages: History of a Civilization. pp. 53–67. Westview Press; SMC Publishing, Inc. Taipei. ISBN 978-0-86531-725-3; 957-638-190-8 (ppbk).
  • Nivison, David S. (1999). "The Classical Philosophical Writings", pp. 745–812. In Loewe, Michael & Shaughnessy, Edward L. The Cambridge History of Ancient China: From the Origins of Civilization to 221 BC. Cambridge University Press.
  • Yap, Joseph P. (2009). Wars With The Xiongnu, A Translation from Zizhi tongjian. AuthorHouse, Bloomington, Indiana, U.S.A. ISBN 978-1-4490-0604-4. Chapter 1.