Les Quatre Cents Coups

filme de 1959 dirixido por François Truffaut

Les Quatre Cents Coups, é unha película francesa de 1959 dirixida por François Truffaut. Foi a súa primeira longametraxe, considerada unha das primeiras obras da nouvelle vague.[3]

Les Quatre Cents Coups
Ficha técnica
Título orixinalLes Quatre Cents Coups
DirectorFrançois Truffaut
ProdutorFrançois Truffaut
Georges Charlot[1]
GuiónFrançois Truffaut
Marcel Moussy
IntérpretesJean-Pierre Léaud
Albert Rémy
Claire Maurier
MúsicaJean Constantin
FotografíaHenri Decaë
MontaxeMarie-Josèphe Yoyotte
EstudioLes Films du Carrosse
DistribuidoraCocinor
Estrea4 de maio de 1959
Duración99 minutos
Orixe Francia
XéneroRomance
Recadación30,7 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0053198 Filmaffinity: 258365 Allocine: 62178 Rottentomatoes: m/400_blows Mojo: 400blows Allmovie: v256 TCM: 324110 TV.com: movies/the-400-blows Netlix: 70048120Editar o valor em Wikidata

A película e autobiográfica en gran parte e presenta a primeira aparición do personaxe de Antoine Doinel, alter ego do propio Truffaut e que interpretará ao longo de 20 anos o mesmo actor, Jean-Pierre Léaud.

Les Quatre Cents Coups está amplamente considerada un dos mellores filmes franceses da historia; na enquisa a críticos de Sight & Sound de 2012, foi votado como o 39.º filme.[4] Na mesma lista, na enquisa aos directores apareceu no posto 13.

Sinopse editar

Antoine Doinel é un adolescente parisiense non especialmente querido pola súa familia. A súa nai, que o tivo de solteira, ten unha conduta severa con el. O seu padrasto, pola súa banda, fai o posible por toleralo.

A falta de atención da súa familia fai de Doinel un alumno díscolo no colexio, mais as súas trasnadas agotan a paciencia do seu profesor Sopruss. Un día falta ao colexio co seu amigo René: así verá o boa que é a vida fóra da escola, ademais de crúa e real tras atopar a súa nai cun amante. Esta fuxida do colexio fai que Antoine comece a meterse en máis problemas, ata o punto de que despois de sacar un cero nunha composición en que prometera unha boa nota aos seus pais, escapa co seu amigo.

Un día, ao intentar roubar unha máquina de escribir na oficina do seu padrasto, é descuberto e acaba no reformatorio só, sen o seu mellor amigo. Porén, cumpre un gran soño que tiña desde pequeno: ver o mar.

Elenco editar

Truffaut tamén incluíu amigos en pequenos papeis: el mesmo e Philippe De Broca na escena da feira, Jacques Demy como policía e as voces de Jean-Luc Godard e Jean-Paul Belmondo.

Legado editar

Truffaut realizou outros catro filmes con Léaud interpretando a Antoine Doinel en diferentes etapas da súa vida: Antoine and Colette (contribución de Truffaut ao filme antolóxico de 1962 L'Amour à vingt ans), Baisers volés, Domicile conjugal e L'amour en fuite.

Os cineastas Akira Kurosawa, Luis Buñuel, Satyajit Ray, Jean Cocteau, Carl Theodor Dreyer, Richard Linklater, Tsai Ming Liang, Woody Allen, Richard Lester, P C Sreeram, Norman Jewison, Wes Anderson e Nicolas Cage citaron o filme como un dos seus favoritos.[5][6] Kurosawa dixo que era "un dos filmes máis fermosos que nunca vin".[7]

Martin Scorsese incluíuno nunha listaxe dos "39 Essential Foreign Films for a Young Filmmaker".[8]

O filme foi clasificado no posto 29 na lista da revista Empire dos "100 mellores filmes do cinema mundial" en 2010.[9] En 2018, o filme foi votada como o oitavo mellor en lingua estranxeira de todos os tempos na enquisa da BBC a 209 críticos en 43 países.[10]

O cartel do 71.º Festival Internacional de Cinema de Venecia foi un tributo ao filme, ao mostrar a personaxe de Antoine Doinel interpretada por Jean-Pierre Léaud.[11][12]

Notas editar

  1. "The 400 Blows Cast/ Credits". Criterion. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  2. Box Office information for Francois Truffaut films Arquivado 27 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en Box Office Story
  3. Zeitchik, Steve (23 de outubro de 2016). "Growth Spurt". The Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2020. 
  4. "The Greatest Films Poll". bfi.org.uk. BFI. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2014. 
  5. "BFI | Sight & Sound | Top Ten Poll 2002". Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2009. 
  6. "Akira Kurosawa's Top 100 Movies!". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. 
  7. "The 400 Blows". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  8. "Martin Scorsese Creates a List of 39 Essential Foreign Films for a Young Filmmaker". Open Culture. 15 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  9. "The 100 Best Films Of World Cinema | 29. The 400 Blows". Empire. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  10. "The 100 greatest foreign-language films". BBC Culture. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  11. "Venice Film Fest Unveils Poster for 71st Edition". The Hollywood Reporter. 4 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  12. "Venice Film Festival 2014: What we know so far". Swide. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar