Nicolas Cage

actor estadounidense

Nicolas Kim Coppola, nado o 7 de xaneiro de 1964 en Long Beach (California), máis coñecido como Nicolas Cage, é un actor estadounidense gañador do Oscar e do Globo de Ouro.

Nicolas Cage
Nicolas Cage Deauville 2013.jpg
Nicolas Cage no 2013.
Nome completoNicolas Kim Coppola
Nacemento7 de xaneiro de 1964
(59 anos)
LugarLong Beach (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Educado enUCLA School of Theater, Film and Television, High School de Beverly Hills, Universidade de California, Os Ánxeles e Justin-Siena High School
PaiAugust Coppola
NaiJoy Vogelsang
Parella(s)Patricia Arquette (1995–2001)
Lisa Marie Presley (2002)
Alice Kim (2004–2016)
Cónxuxe(s)Patricia Arquette, Lisa Marie Presley, Alice Kim Cage, Erika Koike e Riko Shibata
FillosWeston Cage e Kal-El Coppola Cage
Profesiónactor, actor de cinema, director de cinema, produtor de cinema, actor de dobraxe, actor de xénero, guionista, produtor de televisión, produtor delegado e presentador de televisión
Na rede
IMDB: nm0000115 Allocine: 536 Rottentomatoes: celebrity/nicolas_cage Allmovie: p10155 184441 Metacritic: person/nicolas-cage TV.com: people/nicolas-cage
Last fm: Nicolas+Cage Musicbrainz: f6b92af8-75ab-4f42-83a0-6adf49b34b40 Songkick: 414786 Discogs: 282991 Allmusic: mn0000405258 WikiTree: Coppola-109 Editar o valor em Wikidata
CageAutograph.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido en Long Beach (California) o 7 de xaneiro de 1964, é sobriño do director e produtor Francis Ford Coppola e curmán de Sofia Coppola.

Fillo dun profesor de literatura e dunha bailarina e coreógrafa, poida que o que máis influíse en Nicolas Coppola á hora de dedicarse ó cine fose ser sobriño do prestixioso director Francis Ford Coppola. Aínda así, decidiu cambiar o seu apelido polo de Cage para evitar que a fama do seu tío marcase a súa carreira.

O apelido "Cage" extraeuno dos cómics de Marvel, dun personaxe chamado Luke Cage, tamén coñecido como Power Man. Nicolas Cage é un gran amante dos cómics; tal é así que chegou a pór a un fillo seu o nome de Kal-El (nome kryptoniano de Superman) e interpretou a Ghost Rider, personaxe tamén dun cómic da Marvel.

Recibiu o premio Oscar en 1996 como mellor actor pola película Leaving Las Vegas (1995).

FilmografíaEditar

PremiosEditar

OscarsEditar

Ano Categoría Película Resultado
2002 Oscar ó mellor actor Adaptation Candidato
1995 Oscar ó mellor actor Leaving Las Vegas Gañador

Globos de OuroEditar

Ano Categoría Película Resultado
2002 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Adaptation Candidato
1995 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Leaving Las Vegas Gañador
1992 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Honeymoon in Vegas Candidato
1987 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Moonstruck Candidato

Véxase taménEditar