Rumble Fish

filme de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola

Rumble Fish é un filme de 1983 do realizador Francis Ford Coppola. Participou no Festival de Cine de San Sebastián, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.

Rumble Fish
Ficha técnica

CaracterísticasEditar

A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de The Outsiders, tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.

Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[1]”. Tivo unha mala acollida comercial[2][3] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.

ArgumentoEditar

A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán maior de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.

SignificaciónEditar

A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[4][5][6][7]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.

Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.

NotasEditar

  1. "Cine Archivo // Ficha Película". www.cinearchivo.net. Consultado o 2020-04-12. 
  2. "Folha de S.Paulo - Coppola dá duas versões do sonho americano - 2/2/1994". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-12. 
  3. "amemóriadotempo: Rumble Fish – Juventude Inquieta". amemóriadotempo. quarta-feira, 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-04-12. 
  4. Bastenier, M. A. (2008-02-07). "'La ley de la calle', Rusty no estuvo allí". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12. 
  5. ""O Selvagem da Motocicleta": a utopia rebelde em um aquário". cinematório (en portugués). 2018-07-09. Consultado o 2020-04-12. 
  6. Clarín.com. ""La ley de la calle", por Netflix: Una (gran) pequeña obra maestra". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  7. Delorme, Stéphane. (2007). Francis Ford Coppola. Madrid: El País. ISBN 978-84-9815-954-7. OCLC 804152224. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar