Lepus (subxénero)

Lepus é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero homónimo Lepus, que comprende tres especies de lebres.

Lepus othus

Características

editar

As tres especies incluídas no subxénero caracterízanse polo seu tamaño grande (duns 60 cm de lonxitude e 5 kg de peso de media), a súa constitución repoluda, con patas curtas e cubertas con pelo incluso nas plantas do pé e provistas de uñas fortes, orellas pequenas e curtas, pero, sobre todo, pola característica de teneren dúas pelaxes, unha branca en inverno (coa punta das orellas e da cola negra), e outra de verán, de cor parda.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O subxénero foi descrito por Linneo en 1758,[1][2] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[1]

Especies

editar

Neste subxénero recoñécense na actualidade as tres especies seguintes:[1][2]

  • Subxénero Lepus Linnaeus, 1758
    • Lepus arcticus Ross, 1819 – Lebre ártica ou lebre do Ártico
    • Lepus othus Merriam, 1900 – Lebre de Alasca ou lebre de Bering
    • Lepus timidus Linnaeus, 1758 – Lebre de montaña ou lebre de Eurasia

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar