Abrir o menú principal

TraxectoriaEditar

2014: The Voice Portugal e Água de MarEditar

En 2014 Leonor participou na segunda tempada de The Voice Portugal, onde foi eliminada no 13º programa.[1] Após The Voice, uniuse ao elenco da telenovela da RTP Água de Mar onde ficou as dúas tempadas finais co rol de Joana.[2]

2015-16: Festival de Eurovisión e SetembroEditar

O 19 de febreiro de 2015, Leonor foi anunciada como unha dos doce participantes do Festival da Canção 2015 coa canción "Há um mar que nos separa".[3] O 7 de marzo de 2015, gañou a competición e foi seleccionada para representar a Portugal no Festival de Eurovisión 2015.[4][5]

Lamentábelmente, o 21 de maio do 2015, na segunda semifinal do Festival de Eurovisión 2015, Leonor quedou ás portas da final, rematando nun 14º posto con 19 puntos, a tan só catro postos para poder entrar.

Após o seu paso eurovisivo, Leonor lanzou o seu primeiro sinxelo, "Já conheci" do seu álbum debut que tería prevista a súa saída entre setembro e outubro do 2015, aínda que non foi até abril de 2016 cando anunciouse a súa saída, segundo afirmou nunha entrevista na SIC Radical, na que tamén anunciou un hiatus na súa carreira como actriz, adicandose totalmente de mentres na súa carreira musical.[6]

O 5 de outubro anunciou vía Twitter que unha nova canción chamada "Strong for Too Long" formará parte da banda sonora da telenovela da TVI Santa Bárbara.[7] Mais non é até o 23 de outubro cando a canción chega ás plataformas dixitais iTunes, Google Play, Spotify, MEO music entre outras.[8] O día após o seu lanzamento, a canción chega á 7ª posición do iTunes de Portugal.[9]

O 27 de abril de 2016, Leonor, lanza a imaxe da portada polas redes sociais Instagram, Twitter e Facebook, confirmando o nome do álbum (Setembro) e que o lanzamento do álbum anunciaríase nos vindeiros días.[10] Finalmente a data do lanzamento foi anunciada para o 13 de maio de 2016. A canción "Não dá mais" foi a única dispoñíbel para mercar na pre-venda no iTunes e conseguiu en dous días chegar ao posto 22 do iTunes Portugal.

FilmografíaEditar

Series de televisiónEditar

Ano Título Rol
2014 Água de Mar Joana Luz (Tempada 2-3)

Outras aparicións na televisiónEditar

Ano Título Detalles
2014 The Voice Portugal Eliminada no 13º programa do equipo do Anselmo Ralph.
2015 Festival de Eurovisión 2015 Representa a Portugal coa canción "Há um mar que nos separa".

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Título Detalles do álbum Posición nas listas Certificación
 
POR
Setembro
  • Data de lanzamento: 13 de maio 2016
  • Formato: CD, Dixital

SinxelosEditar

Como Leonor AndradeEditar

Ano Título Álbum Posición nas listas
 
POR
 
LUX
2015 Há um mar que nos separa
Já Conheci
Setembro
28
Strong for Too Long
7

Como Ella NorEditar

Ano Título Álbum Posición nas listas
 
POR
 
LUX
2017 Não

NotasEditar

  1. "The Voice Portugal - Leonor Andrade". RTP. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  2. "Concorrentes de "The Voice Portugal" juntam-se ao elenco de "Água de Mar"". SAPO (en Portuguese). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  3. Victor M. Escudero. "Meet the participants of Portugal". European Broadcasting Union. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  4. Victor M. Escudero. "Leonor Andrade to represent Portugal in Vienna". European Broadcasting Union. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  5. Granger, Anthony (7 de marzo de 2015). "Portugal: Leonor Andrade has won". eurovoix.com. Eurovoix. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  6. "SIC Radical - CC-All Stars - Leonor Andrade". Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  7. ""Strong for too long" na nova novela da TVI, Santa Barbara, espero que gostem!". Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  8. "Malta, o meu single "Strong for too long" já está disponivel, agarrem o vosso!! ❤❤❤". Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  9. "Leonor Andrade no top 10 _Strong for Too Long"
  10. "Depois de muito tempo de reflexão,ficou decidida a capa do meu primeiro álbum Team SETEMBRO espero que gostem ❤️". Consultado o 27 de abril de 2016. 
Predecesor:
"Quero ser tua"
Suzy
 
Portugal no Festival de Eurovisión

2015
Sucesor:
"Amar pelos Dois"
Salvador Sobral