Leoncio Rubín de Celis

militar galego

Leoncio Rubín de Celis Oroña, nado en Redondela o 12 de novembro de 1810 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1875, foi un militar do exército español.

Leoncio Rubín de Celis
Nacemento12 de novembro de 1810
Lugar de nacementoRedondela
Falecemento23 de novembro de 1875
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciou a súa carreira militar no ano 1829 no rexemento provincial de Tui co rango de subtenente de milicia. Entre 1834 e 1844 combateu na guerra contra os carlistas, acadando diferentes condecoracións e ascendendo a Tenente Coronel de Estado Maior.

Durante a revolución galega de 1846 sublevou a praza de Vigo e exerceu o mando da segunda división do Exército Libertador de Galicia co que dirixiu o intento de conquistar Ourense. O cargo duroulle unicamente dez días (do 15 ó 24 de abril). No último, saíron en dirección a Soutelo de Montes, onde se decataron do fracaso de Miguel Solís na Batalla de Cacheiras e se detiveron a descansar ata a mañá do 25, cando foron cara á Estrada e Cuntis, quizais coa idea de pasar a Portugal. Á noite Rubín fuxiu co seu axudante en dirección a Vigo, para poder embarcar con destino ó estranxeiro.[1]

Retornou amnistiado a España. En 1854 foi nomeado gobernador militar da Provincia de Pontevedra e sucesivamente da de Alacant e da de Valladolid. En 1859 combateu en África nas batallas dos Castillejos, de Cabo Negro e Tetuán. No seu regreso ocupou os cargos de capitán xeneral de Estremadura (1864), Granada (1865) e Andalucía (1871).[2]

Notas editar

  1. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. Isabel Sánchez, Jose Luis. "Leoncio Rubín de Celís y Oroña". Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-02-23. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar