Leonardo Sánchez Deus
Leonardo Sánchez Deus, nado en Santiago de Compostela en 1835 e finado en Florencia en 1872, foi un escritor e revolucionario galego.
Leonardo Sánchez Deus | |
---|---|
Nacemento | 1835 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 1872 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun loitador contra o absolutismo, abandonou os estudos de leis ao pouco de comezalos a consecuencia da morte do seu pai. Compaxinou as pasantías de latín coa actividade cultural e política xunto a Rosalía, Pondal, Murguía e Aurelio Aguirre. A finais de 1856 abandonou Galiza e instalouse en Madrid. Partido Progresista. A finais de 1859 trasladouse a Italia formando parte da Legión Ibérica organizada por Sixto Cámara e Eduardo Ruíz Pons, para apoiar aos revolucionarios garibaldinos. Participou na liberación de Sicilia e Nápoles. Trala derrota de 1862 en Aspromonte, foi detido. Liberado pola amnistía, cofundou con Delio Conti a Sociedade Democrática dos Traballadores. Fai viaxes a España en 1863 e abril de 1864. Volve a Italia e desaparece da vida pública. Foi recluído no psiquiátrico de Florencia, onde promoveu a publicación Il Sottopancia.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Murguía, Manuel (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.
- "Sánchez Deus, Leonardo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 225.