Leona Woods

Leona Harriet Woods, nada en LaGrange (Indiana) o 9 de agosto de 1919 e finada o 10 de novembro de 1986 en Santa Monica (California) coñecida posteriormente como Leona Woods Marshall, Leona Woods Marshall Libby e Leona Marshall Libby, foi unha física estadounidense que contribuiu na construción do primeiro reactor nuclear e a primeira bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.

Leona Woods
Leona Woods.jpeg
Nacemento9 de agosto de 1919
 La Grange
Falecemento10 de novembro de 1986
 Santa Monica
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónapostasy in Catholicism
Alma máterLyons Township High School e Universidade de Chicago
Ocupacióncientífico nuclear, escritora, física, catedrática e química
CónxuxeWillard Frank Libby
PremiosFellow of the American Physical Society
editar datos en Wikidata ]

Con 23 anos de idade converteuse na persoa máis nova e na única muller en formar parte do equipo que construíu o primeiro reactor nuclear, o Chicago Pile-1, nun proxecto liderado polo seu mentor Enrico Fermi. Woods tivo un papel significativo na construción e utilización de contadores Geiger para as análises dos experimentos. Xunto co seu primeiro esposo John Marshall axudou a solucionar o problema do envelenamento por xenon na planta de produción de plutonio de Hanford, e supervisou a construción e operación dos reactores de produción de Hanford.

Trala guerra traballou no Institute for Advanced Study en Princeton, New Jersey, no Laboratorio Nacional de Brookhaven e na Universidade de Nova York. A súa investigación centrouse na física de alta enerxía, na astrofísica e na cosmoloxía. En 1966 divorciouse de Marshall e casou de novo co premio Nobel Willard Libby. Pasou a ser profesora na Universidade de Colorado e membro de RAND Corporation. Nos seus últimos anos de vida interesouse polos problemas ecolóxicos e ambientais, deseñando un método de uso de proporcións de isótopos en tres aneis para o estudo do cambio climático.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.