Chicago Pile-1 (CP-1) foi o primeiro reactor nuclear artificial da historia. O 2 de decembro de 1942 iniciouse no CP-1 a primeira reacción nuclear en cadea autosostible iniciada polos humanos, nun experimento liderado por Enrico Fermi. O desenvolvemento deste reactor foi parte do Proxecto Manhattan, construído polo Laboratorio Metalúrxico na Universidade de Chicago, baixo as bancadas do campo de fútbol americano de Stagg Field. O propio Fermi describiu este reactor como "unha primitiva pila de ladrillos negros e vigas de madeira".[1]

Ilustración do Chicago Pile-1

O reactor foi ensamblado en novembro de 1942 por un equipo liderado por Fermi, Leo Szilard, Herbert L. Anderson, Walter Zinn, Martin D. Whitaker e George Weil. Contiña 45 000 bloques de grafito cun peso de 360 toneladas usados como moderadores de neutróns, utilizando 5.4 toneladas de metal de uranio e 45 toneladas de óxido de uranio como combustible. Parte dos neutróns libres producidos polo decaemento natural do uranio absorbíanse noutros átomos de uranio, provocando unha fisión nuclear deses átomos e liberando neutróns libres adicionais. A diferenza da maioría de reactores posteriores, non tiña protección contra a radiación ou sistema de refrixeración xa que operaba a unha potencia moi baixa, de ó redor de medio watt.

En 1943 o CP-1 trasladouse a Red Gate Woods e reconfigurouse converténdose no Chicago Pile-2 (CP-2). Alí operou ata 1954, ano no que foi desmantelado e soterrado. As bancadas de Stagg Field demoleronse en agosto de 1957, e o lugar quedou designado como Fito Histórico Nacional e Fito de Chicago.

Notas editar

  1. Fermi 1982, p. 24.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.