Leon Lederman

(Redirección desde «Leon M. Lederman»)

Leon Max Lederman, nado en Nova York, EUA o 15 de xullo de 1922 e finado o 3 de outubro de 2018[1] foi un físico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1988 polos seus traballos sobre os neutrinos.

Infotaula de personaLeon Max Lederman

Premio Nobel de Física
Nome orixinal(en) Leon Max Lederman Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1922
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 2018
Rexburg, Idaho
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Demencia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEUA
País de nacionalidadeEstadounidense
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia - física (–1951)
City College de Nova York
James Monroe High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseEugene Booth (pt) Traducir e Gilberto Bernardini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porNeutrinos, Quark fondo
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico de partículas , profesor universitario , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Fermilab Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoThomas W. L. Sanford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRena Lederman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Lederman-58 Find a Grave: 193714690 Editar o valor em Wikidata

Apuntamentos familiares editar

Nado en Manhattan fillo de dous emigrantes xudeus rusos, Morris e Minna (Rosenberg) Lederman, cCasou con Ellen Carr Lederman, retirándose ambos nos últimos anos da súa vida a Idaho.[1]

Traxectoria editar

Naceu o 15 de xullo de 1922 na cidade norteamericana de Nova York. Graduouse na James Monroe High School no 1939. Estudou física na Universidade de Nova York (City College of New York), onde se licenciou en 1943. Tras participar na segunda guerra mundial, en 1951 conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia, onde se converteu en profesor en 1958 e onde posteriormente dirixiu o Laboratorio de Investigación Física entre 1961 e 1978.

Entre 1979 e 1989 dirixiu o Fermilab (Fermi National Accelerator Laboratory, en Batavia, Illinois, preto de Chicago), laboratorio de investigación do goberno dos Estados Unidos. Finalmente en 1989 dimitiu dos seus cargos e brevemente foi profesor na Universidade de Chicago antes de trasladarse ó Instituto Tecnolóxico de Illinois.

Difusor do ensino da física, tentou levar adiante o programa 'Physics First'. Asemade, foi quen nomeou ó Bosón de Higgs como 'a partícula de Deus'.[1]

Investigacións científicas editar

As súas investigacións científicas centráronse, xunto a Melvin Schwartz e Jack Steinberger, nun método de detección dos neutrinos que permitiu demostrar a dobre estrutura dos leptóns. Naquel momento, o descubrimento de dúas clases de neutrinos (hoxe coñécense tres) permitiu ós teóricos elaborar un esquema, coñecido como modelo estándar, para a clasificación de tódalas partículas elementais.

En 1977 conseguiu detectar unha nova partícula quark, o quark fondo.

Once anos máis tarde, en 1988, foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto ós seus compañeiros Melvin Schwartz e Jack Steinberger, polos seus traballos sobre o neutrino.

Publicacións editar

  • The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question? (A partícula divina: Se o Universo é a resposta, cal é a pregunta?) (1993)
  • From Quarks to the Cosmos (Dos quarks ao cosmos)
  • Portraits of Great American Scientists (Retratos dos grandes científicos americanos)
  • Symmetry and the Beautiful Universe (A simetría e a beleza do universo) (2004)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Leon Lederman, 96, Explorer (and Explainer) of the Subatomic World, Dies". The New York Times. Consultado o 4/10/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar