Lenguazaque
concello do departamento de Cundinamarca, Colombia
Lenguazaque é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 116 km de Bogotá.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.268 (2015) (66,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 153,6 km² | ||||
Altitude | 2.589 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | ||||
Creación | 1537 (Gregoriano) | ||||
Páxina web | lenguazaque-cundinamarca.gov.co… |
Toponimia
editarO topónimo Lenguazaque, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «fin dos dominios do zaque» ou «faixa de terra do zaque», porque alí viña descansar o zaque de Hunza (actual Tunja) e a bañarse nas augas termais.
Historia
editarLenguazaque foi xurisdición de Tunja até a época da Independencia. A fundación do pobo debeu ocorrer con posterioridade ó 20 de novembro de 1559, cando o oidor Tomás López prescribiu a instrución sobre a formación de novas vilas de indios. O primeiro encomendeiro de Lenguazaque foi Lázaro López Salazar.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lenguazaque |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 01 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)