Lemuria (continente)
Lemuria (etimoloxía: de Lémur) é un termo mitolóxico que actualmente se utiliza en teosofía para designar un vastísimo continente que, segundo a Doutrina Secreta do Oriente, precedeu á Atlántida.
Orixe
editarLemuria constituía un xigantesco continente, anterior a África e á Atlántida. Foi destruída por efecto dos terremotos e dos lumes subterráneos, e mergullada no fondo do océano hai algúns millóns de anos, deixando só como recordo dela varios picos das súas máis altas montañas, que agora son outras tantas illas, entre as cales figura a chamada Illa de Pascua, famosa polas súas estatuas xigantescas, que reflicten algunhas características das súas poboacións humanas.
Este vastísimo continente, comprendía Suráfrica, Madagascar, Sri Lanka, Sumatra, o océano Índico, Australia, Nova Zelandia, estendéndose ata gran parte do sur do océano Pacífico. Foi o berce e residencia da Terceira Raza Nai, ou sexa, da primitiva humanidade física e sexual, que naqueles remotos tempos tiña unha estatura xigantesca, era andróxina e hermafrodita, e reproducíase mediante brotes; aínda que, máis tarde, diferenciaríanse en dous sexos, dando paso á Cuarta Raza Nai.
Adaptacións
editar- Nos videoxogos Golden Sun e Golden Sun 2: The Lost Age (A Idade Perdida), Lemuria é un continente perdido no Océano do Leste, habitado polos Lemurios, que posúen a Psinerxía da auga.
- Nas historietas de Marvel, Lemuria foi o imperio dunha raza diverxente da humanidade coñecida como os Desviantes e foi destruída polos Celestiais. Lemuria sobreviviu desde entón como unha cidade submarina, que foi vista na miniserie Os Eternos.
- Lemuria tamén é o título dun disco do grupo Therion.
- No manga e anime Saint Seiya (Os Cabaleiros do Zodíaco), dada unha tradución errónea dise que Mu, Shion e Kiki son Lemurianos, cando en realidade son descendentes da xente de Mu.