Lectina tipo C

(Redirección desde «Lectina de tipo C»)

Unha lectina tipo C (CLEC) é un tipo de dominio proteico de unión a carbohidratos de proteínas lectinas.[2] A designación tipo C refírese ao seu requirimento de calcio para unirse.[3] As proteínas que conteñen dominios de lectina tipo C teñen unha gama diversa de funcións incluíndo a adhesión célula a célula, resposta inmune a patóxenos e apoptose.[4][5]

dominio de lectina tipo C
Estrutura pentamérica da lectina do veleno de crótalo, que é unha lectina que se une a galactosa.[1]
Identificadores
SímboloLectin_C
PfamPF00059
InterProIPR001304
SMARTCLECT
PROSITEPS50041
SCOPe2msb / SUPFAM
CDDcd00037

Clasificación editar

Drickamer et al. clasificaron as lectinas tipo C en 7 subgrupos (do I ao VII) baseándose na orde de varios dominios proteicos en cada proteína.[6] Esta clasificación foi posteriormente actualizada en 2002, engadíndose a ela sete subgrupos adicionais (do VIII ao XIV).[7] Máis recentemente, engadíronse tres subgrupos máis (do XV ao XVII).[2]

Grupo Nome Dominios asociados
I Lecticanas EGF, dominios Sushi Ig e Link
II Asialoglicoproteína e receptores DC Ningún
III Colectinas Ningún
IV Selectinas dominios Sushi e EGF
V receptores da célula NK Ningún
VI receptores endocíticos multi CTLD dominios FnII e Ricin
VII grupo Reg Ningún
VIII Condrolectina, Layilina Ningún
IX Tetranectina Ningún
X Policistina dominios WSC, REJ, PKD
XI Atractina (ATRN) dominios PSI, EGF e CUB
XII Proteína básica maior eosinófila (EMBP) Ningún
XIII DGCR2 Ningún
XIV Trombomodulina, CD93, CD248 dominio EGF
XV Bimlec Ningún
XVI SEEC dominios SCP e EGF
XVII CBCP/Frem1/QBRICK dominios de repeticións CSPG e CalX-beta

Entre os CLEC están os seguintes:

Os "receptores de tipo lectina da célula NK" están moi estreitamente relacionados con este grupo:[8]

Outras proteínas que conteñen este dominio son:

Notas editar

  1. Walker JR, Nagar B, Young NM, Hirama T, Rini JM (April 2004). "X-ray crystal structure of a galactose-specific C-type lectin possessing a novel decameric quaternary structure". Biochemistry 43 (13): 3783–92. PMID 15049685. doi:10.1021/bi035871a. 
  2. 2,0 2,1 Zelensky AN, Gready JE (December 2005). "The C-type lectin-like domain superfamily". FEBS J. 272 (24): 6179–217. PMID 16336259. doi:10.1111/j.1742-4658.2005.05031.x. 
  3. C-Type Lectin Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  4. Drickamer K (October 1999). "C-type lectin-like domains". Curr. Opin. Struct. Biol. 9 (5): 585–90. PMID 10508765. doi:10.1016/S0959-440X(99)00009-3. 
  5. Cambi A, Figdor C (May 2009). "Necrosis: C-type lectins sense cell death". Curr. Biol. 19 (9): R375–8. PMID 19439262. doi:10.1016/j.cub.2009.03.032. 
  6. Drickamer K (1993). "Evolution of Ca(2+)-dependent animal lectins". Prog. Nucleic Acid Res. Mol. Biol. Progress in Nucleic Acid Research and Molecular Biology 45: 207–32. ISBN 978-0-12-540045-9. PMID 8341801. doi:10.1016/S0079-6603(08)60870-3. 
  7. Drickamer K, Fadden AJ (2002). "Genomic analysis of C-type lectins". Biochem. Soc. Symp. (69): 59–72. PMID 12655774. 
  8. NK Cell Lectin-Like Receptors Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar