al-Hasan ibn Muhammad al-Wazzan al-Fasi, (en árabe: حسن ابن محمد الوزان الفاسي), nado no Reino de Granada arredor do 1494 e finado na segunda parte do século XVI, posibelmente despois de 1554, tamén chamado Hassan al-Wazzan, Giovanni Leone di Medici e León o Africano (Leo Africanus) foi un diplomático, xeógrafo e explorador mourisco, coñecido pola súa obra Descrittione dell’Africa (Descrición de África).

Modelo:BiografíaLeón o Africano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) حسن ابن محمد الوزان الغرناطي Editar o valor en Wikidata
c. 1494 Editar o valor en Wikidata
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Morte1527 ↔ 1555 Editar o valor en Wikidata
Tunisia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Al Quaraouiyine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo África
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, diplomático, xeógrafo, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteThe Oxford Encyclopedia of African Thought (2010 edition) (en) Traducir, (sec:Africanus, Leo)
Dictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142792
Patio da Universidade Qarawiyin en Fez, onde Leo Africanus estudou.
Edición de 1600 da Descrición de África.
Ilustración de palmeira de dátiles nos arredores do Cairo, na edición de 1556 da Descrición de África.

Traxectoria

editar

Naceu no Reino de Granada cara a 1494, logo do reino nazarí incorporarse á Coroa de Castela, porén cando era neno trasladouse a Fez.[1][2][3] Estudou na universidade en Fez e aos vinte anos foi enviado por Mohammed o Portugués acompañando ao seu tío en misión diplomática, exercendo máis tarde el mesmo como diplomático até que en 1518 foi capturado por piratas cristiáns,[4] de onde foi levado a Roma, sendo alí ofrecido como agasallo ao Papa León X. Adoptou o nome de Joannes Leo de Medicis (en latín)

Foi durante a súa estadía en Italia cando escribiu boa parte da súa obra, entre elas a súa obra máis famosa "Della descrittione dell'Africa", (título completo "Della descrittione dell'Africa et delle cose notabili cheiui sono, per Giovan Lioni Africano"; en galego, Descrición de África e as cousas notables que alí existen).

Na ficción

editar

Literatura

editar

A novela Léon l'Africain,[5] escrita polo novelista franco-libanés Amin Maalouf e publicada en 1986, relata a vida do explorador en forma de autobiografía imaxinaria desde 1518, ao regresar dunha peregrinación á Meca, cando é capturado por piratas que o levan ao Papa León X. A súa vida a partir de entón está chea de aventuras e peripecias, marcadas por algúns dos acontecementos máis importantes do Mediterráneo do século XVI.[6] Leão o africano foi publicado en portugués pola Editora Quetzal.[7]

Suxeriuse que William Shakespeare puido inspirarse na Descrición de África de León Africano para crear o personaxe de Otelo.[8]

Audiovisuais

editar

A BBC produciu un documental sobre a súa vida chamado "Leo Africanus: A Man Between Worlds" en 2011. Foi presentado por Badr Sayegh e dirixido por Jeremy Jeffs. A película seguiu os pasos de León desde Granada, pasando por Fez e Tombuctú, até Roma.[9]

Un proxecto cinematográfico sobre a vida de Léon o africano, con Jamel Debbouze no papel principal, foi presentado en 2015.[10]

Teatro

editar

O drama titulado Tous des Oiseaux, escrito e dirixido por Wajdi Mouawad, está inspirado na novela do escritor Amin Maalouf sobre León o Africano. Esta obra teatral foi representada no Théâtre national de la Colline de París en 2017.[11]

A descrición en tres volumes da Descrición de África (en inglés) en liña:

  1. Rauchenberger 1999, p. 26
  2. Masonen 2001
  3. Leo Africanus 1896, p. v Vol. 1. Tinha 12 anos quando Portugal conquistou a cidade e 16 anos quando visitou Tombuctu.
  4. "Leo Africanus". Washington State University. Consultado o 30-1-2022. 
  5. "LEON EL AFRICANO AMIN MAALOUF PDF". PDF Lake Side (en inglés). 2020-04-20. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-31. 
  6. Lanfry 1988.
  7. Leão, o Africano, Amin Maalouf - Quetzal Editores. 
  8. Whitney 1922.
  9. "Leo Africanus; A Man Between Worlds - BBC". Consultado o 2022-01-31. 
  10. AlloCine. "Léon l'Africain" (en francés). Consultado o 2022-11-22. 
  11. Sitio Froggydelight, páxina en a obra Tous des Oiseaux, consultada o 11 de decembro de 2018.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fisher, Humphrey J. (1978). Leo Africanus and the Songhay conquest of Hausaland. International Journal of African Historical Studies (Boston University African Studies Center) 11 (1): 86–112.
  • Masonen, Pekka (2001). Leo Africanus: the man with many names. Al-Andalus Magreb 8-9: 115–144.
  • Rauchenberger, Dietrich. Johannes Leo der Afrikaner: seine Beschreibung des Raumes zwischen Nil und Niger nach dem Urtext. Wiesbaden: Harrassowitz, 1999. ISBN 3447041722.

Ligazóns externas

editar