Lazar Hayward
Lazar Miller Hayward, nado o 26 de novembro de 1986 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Antes xogou para a Universidade de Marquette.
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de novembro de 1986 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Buffalo Traditional (Buffalo, Nova York) Notre Dame Prep (Fitchburg, Massachusetts) |
Universidade | Marquette (2006–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 30 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Minnesota Timberwolves (2010–2011) Oklahoma City Thunder (2011–2012) → Tulsa 66ers (2012) Minnesota Timberwolves (2012–2013) Los Angeles D-Fenders (2013; 2016) Long Island Nets (2016–2017) Guaros de Lara (2017) |
Traxectoria profesional editar
Foi seleccionado polos Washington Wizards na 30ª posición do Draft da NBA de 2010, e os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves pouco despois de ser drafteado.
O 13 de decembro de 2011, Hayward foi traspasado aos Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft e Robert Vaden. O 2 de marzo de 2012, foi asignado aos Tulsa 66ers da NBA D-League.[1] Foi chamado de volta polos Thunder o 4 de marzo tras facer 28 puntos por partido en dous encontros cos Tulsa 66ers.
O 27 de outubro de 2012, Hayward foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[2]
Notas editar
- ↑ "Oklahoma City Thunder assign forward Lazar Hayward to the Tulsa 66ers". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012.
- ↑ "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012.