Laurent Garnier, tamén coñecido como Choice, nado en Boulogne-sur-Seine o 1 de febreiro de 1966, é un produtor e DJ francés de música techno. Comezou a pinchar en Manchester a finais da década de 1980, e nos anos seguintes tivo unha progresión no seu estilo musical, pasando do deep house e Detroit techno á versión máis pura do acid/trance e mesmo temas de jazz. Comezou a producir e editar os seus álbums a comezos da década de 1990.

Infotaula de personaLaurent Garnier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Boulogne-Billancourt, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChoice
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDJ de club , disc-jóckey , compositor , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoTechno e House Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoF Communications (en) Traducir
Audiogram (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblaurentgarnier.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1458627 Allocine: 38444
Facebook: laurentgarnierofficial Twitter: laurentgarnier Instagram: laurent_garnier MySpace: laurentgarnier Souncloud: laurent-garnier Spotify: 3y1SoTOdrmRNTBVph5T0VZ iTunes: 28243486 Musicbrainz: ec477866-bfaa-48e0-affd-1c151ef61b7b Songkick: 247230 Discogs: 750 Allmusic: mn0000140786 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Laurent Garnier iniciouse no mundo dos clubs co seu irmán a finais da década de 1970 en París, onde vivía coa súa familia. Amais da música disco escoitaba outros xéneros contemporáneos, como o reggae, funk ou punk. Con 16 anos comezou a gravar e mezclar a súa música en casetes. En 1984 comezou a traballar de camareiro na embaixada francesa en Londres, e despois de ano e medio mudouse a Manchester en 1986. En Inglaterra descubriu o incipiente boom da escena house, e comezou a pinchar[1].

En 1987 descubriu o club The Haçienda e ao seu DJ residente, Mike Pickering. Os estilos de Chicago House e Detroit Techno estaban a acadar moita popularidade, e Garnier comezou a mezclar en The Haçienda baixo o nome de DJ Pedro. Garnier foi un dos primeiros en pinchar house estadounidense en Gran Bretaña, e axiña acadou sona como un dos DJs máis famosos da escena de Madchester a finais dos 80. Influíu en grupos como The Stone Roses ou Happy Mondays á hora de incluír ritmos house na música rock.

En 1988 regresou a Francia para facer o servizo militar. En Nova York coñeceu a Frankie Knuckles. Garnier regresou a Francia, organizando as festas "Wake Up" no club Rex de París durante tres anos. En 1992 fixo unha sesión de tres noites no festival Sir Henry's de Cork. Nesta etapa tamén tocou en clubs como o Palace ou o Boy e pinchou en festas rave, e comezou a gravar discos. Lanzou "French Connection" e o EP Bout de Souffle para o selo FNAC. Despois fundou o seu propio selo, F Communications, xunto a Eric Morand un amigo seu que tamén traballara para FNAC.

A comezos e mediados dos 90 Garnier pinchou frecuentemente nas sesións "Open all hours" dos venres no club Ministry of Sound de Londres, e foi residente no club The End até o seu peche en xaneiro de 2009.

Publicou o seu primeiro LP, Shot in the Dark, en 1995. O segundo, 30, apareceu en 1997 e incluía un dos seus grandes éxitos, "Crispy Bacon". 30 foi seguido polo álbum retrospectivo Early Works. Logo de diversas actuacións por todo mundo a finais dos 90, regresou á produción con Unreasonable Behaviour, editado a comezos de 2000, que incluía unha das pezas máis coñecidas do DJ, "The Man with the Red Face". En 2005 editou The Cloud Making Machine, un disco de música electrónica menos focalizado no dance. En 2006 publicou Retrospective, que incluía obras orixinais, remesturas e edicións limitadas. En 2009 editou Tales of a Kleptomaniac.

Garnier colaborou con System 7 e tocou en directo numerosas veces con Bugge Wesseltoft, que á súa vez colanorou en Public Outburst e Retrospective.

Discografía editar

 
Garnier, 2007
  • Shot In The Dark (1994)
  • 30 (1997)
  • Unreasonable Behaviour (2000)
  • Early Works (Compilation) (1998)
  • The Cloud Making Machine (2005)
  • Retrospective 1994 - 2006 (Compilation) (2006)
  • Public Outburst (Album Live) (2007)
  • Tales of a Kleptomaniac (2009)

Notas editar

  1. "Biography: Laurent Garnier", artigo de John Bush en Allmusic (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar