Abrir o menú principal

Laura Seara Sobrado, nada en Allariz o 20 de abril de 1975,[1] é unha política galega vinculada ao PSdeG-PSOE.

Laura Seara Sobrado
Laura Seara 2014 (cropped).jpg
Nome completoLaura Seara Sobrado
Nacemento20 de abril de 1975
 Allariz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

É licenciada en Dereito, e ten un mestrado en Calidade de Servizos.[1] Foi Secretaria de Organización das Mocidades Socialistas e deputada do PsdeG no Parlamento de Galicia dende 2001 até xaneiro de 2010.[1][2] Dende 2010 até xullo de 2011 foi a directora da Instituto da Muller, que depende do goberno de España.[1] En xullo dese ano substituíu a Bibiana Aído na Secretaría de Estado de Igualdade,[3] posto no que permaneceu ata a derrota socialista de novembro de 2011.

En 2011 encabezou a lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Ourense, por onde saíu elixida deputada nas eleccións xerais. Desde xeito ocupou o cargo de deputada na X lexislatura, de 2011 a 2016.[1]

En decembro de 2017 deixou a política para centrarse no sector privado, na empresa creada coa súa socia María Jesús Boo, chamada Red Talento Consultoras, con oficina en Ourense.[4] Esta empresa de consultoría está centrada na provisión de servizos relacionados coa participación, igualdade e políticas sociais.[5]

A finais de 2018 o goberno municipal de Salceda de Caselas solicitou a súa colaboración para dirixir o Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021.[6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ficha de deputada Seara Sobrado, Laura Carmen". Congreso dos Deputados. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  2. "VII LEXISLATURA (18-7-05 ao 6-1-09)" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  3. "Laura Seara sustituye a Aído en la secretaría de Estado de Igualdad". Público (en castelán). 21 de xullo de 2011. 
  4. "«El trabajo que hicimos en el Gobierno influyó mucho en el éxito del 8M»". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  5. Barro, Pablo. "La exdiputada Laura Seara vuelve al sector privado". Galicia. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  6. "Salceda ficha a Laura Seara para dirigir el segundo Plan de Igualdad del municipio". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar