Bibiana Aído

política española

Bibiana Aído Almagro, nada en Alcalá de los Gazules (Cádiz), o 2 de febreiro de 1977, é unha política española, ministra de Igualdade entre os anos 2008 e 2010.

Infotaula de personaBibiana Aído

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Bibiana Aído Almagro Editar o valor em Wikidata
2 de febreiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Alcalá de los Gazules, España Editar o valor em Wikidata
Minister for Equality (en) Traducir
14 de abril de 2008 – 20 de outubro de 2010
← sen valor – Supresión do cargo →
Deputado do Parlamento de Andalucía
3 de abril de 2008 – 13 de abril de 2008
Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cádiz
Universidade de Northumbria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , funcionaria pública , economista , United Nations official (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Mulleres (2011–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Youtube: UCNp5nv9TVRZ2z6dROzee2Lw Editar o valor em Wikidata

Traxectoria profesional editar

Militante de Juventudes Socialistas dende os dezaseis anos, o vencellamento co PSOE chégalle tamén por parte da familia, posto que o seu pai é xefe de gabinete da deputación gaditana.

É licenciada en administración e dirección de empresas pola Universidade de Cádiz e ten un mestrado de administración empresarial pola Universidade de Northumbria. Fixo diversas prácticas en empresas e, en 2003 obtivo o seu primeiro traballo, con 26 anos, como delegada provincial da consellería de cultura da Xunta de Andalucía en Cádiz.

En xullo de 2006 foi nomeada directora dunha axencia autonómica para o desenvolvemento do flamenco, que tamén dependía da consellería, ata que como resultado das eleccións autonómicas andaluzas de 2008 foi elixida parlamentaria nesa cámara pola provincia gaditana. En abril de 2008 converteuse en ministra de Igualdade e na ministra máis nova da historia de España, ao acceder ao cargo con trinta anos. Durante o seu mandato como ministra aprobouse a Ley de Salud Reproductiva, coñecida popularmente como lei do aborto, que, con limitacións, establecía por primeira vez unha lei de prazos para a interrupción voluntaria do embarazo.

Cesou no seu cargo en outubro de 2010, ao suprimirse a carteira. Pasou entón a ser Secretaria de Estado de Igualdade, dentro da estrutura do Ministerio de Sanidade.

Ao deixar o posto, converteuse en asesora executiva no proxecto ONU-Mulleres, con sede en Nova York que dirixía a expresidenta de Chile Michelle Bachelet.


Predecesor:
non existía o ministerio
  
Ministra de Igualdade
 
2008 - 2010
Sucesor:
integración co Ministerio de Sanidade

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar