Laura Novelle
Laura Novelle López, máis coñecida como Laura Novelle, nada no Carballiño en 1978, é investigadora, documentalista, bibliotecaria e escritora galega.[1][2]
Laura Novelle | |
---|---|
Nacemento | 1978 |
Lugar de nacemento | O Carballiño |
Nacionalidade | España |
Ocupación | documentalista, bibliotecaria, escritora e profesora universitaria |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciada en Historia e posgrao en Xestión de Documentos pola Universidade Xaime I, gozou de varias bolsas de investigación académica e participou durante 11 anos en proxectos de investigación financiados con fondos públicos por universidade. Posteriormente traballou como profesora nos distintos campus da Universidade de Vigo (UVIGO) e en tarefas técnicas nas bibliotecas públicas da Rede de bibliotecas públicas da Xunta de Galicia e en bibliotecas privadas. Tamén se dedicou á divulgación científica para estudantes de Humanidades a través do seu blog "Docendo Discitur". Neste sentido, publicou varios libros como Sobrevivir al trabajo fin de grado en Humanidades y Ciencias Sociales. Todo lo que necesitas saber, 39 escalones con vistas al mar o De la arcilla al ebook: Historia del libro y las bibliotecas, que xa ten actualizada unha segunda edición.[1][2]
Novelle padece o síndrome de Liddle, un tipo de encefalopatía que o acompaña dende o nacemento e reduce enormemente a súa mobilidade. Ela di no seu blog: "Teño unha especie de parálise cerebral, pero non teño unha mente paralizada". É resistente a que a súa característica de persoa con incapacidade absorbe toda a súa identidade e agocha moitas outras habilidades.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 formou parte da candidatura do BNG da Pobra do Caramiñal, situada no terceiro lugar da lista.[3]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Ulloa, Fina (12 de abril de 2018). "Laura Novelle: «El trabajo de fin de grado no es un examen, es una prueba de madurez». La vecina pobrense publica un libro para ayudar a los universitarios a terminar la carrera". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 López, Silvia (3 de decembro de 2018). "Laura Novelle: "Teño un tipo de parálise cerebral, pero non teño a mente paralizada"". Galicia Confidencial. Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ "El BNG de A Pobra da a conocer su candidatura a las municipales y las líneas maestras de su programa". Diario de Arousa. 31 de marzo de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2019.