Laura Seara
Laura Carmen Seara Sobrado, nada en Allariz o 20 de abril de 1975,[1] é unha política galega vinculada ao PSdeG-PSOE.
Nome orixinal | (es) Laura Seara |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Laura Carmen Seara Sobrado 20 de abril de 1975 (49 anos) Allariz, España |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 26 de xaneiro de 2015 – 24 de xaneiro de 2016 | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 7 de abril de 2014 – 26 de xaneiro de 2015 | |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 24 de xuño de 2013 – 7 de abril de 2014 | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Dereito, e ten un mestrado en Calidade de Servizos.[1] Foi Secretaria de Organización das Mocidades Socialistas e deputada do PsdeG no Parlamento de Galicia dende 2001 até xaneiro de 2010.[1][2]
En 2007 foi nomeada Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Dende 2010 até xullo de 2011 foi a directora da Instituto da Muller, que depende do goberno de España.[1] En xullo dese ano substituíu a Bibiana Aído na Secretaría de Estado de Igualdade,[3] posto no que permaneceu ata a derrota socialista de novembro de 2011.
En 2011 encabezou a lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Ourense, por onde saíu elixida deputada nas eleccións xerais. Desde xeito ocupou o cargo de deputada na X lexislatura, de 2011 a 2016.[1]
En decembro de 2017, deixou a política para centrarse no sector privado, na empresa creada coa súa socia María Jesús Boo, chamada Red Talento Consultoras, con oficina en Ourense.[4] Esta empresa de consultoría está centrada na provisión de servizos relacionados coa participación, igualdade e políticas sociais.[5]
A finais de 2018 o goberno municipal de Salceda de Caselas solicitou a súa colaboración para dirixir o Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ficha de deputada Seara Sobrado, Laura Carmen". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "VII LEXISLATURA (18-7-05 ao 6-1-09)" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "Laura Seara sustituye a Aído en la secretaría de Estado de Igualdad". Público (en castelán). 21 de xullo de 2011.
- ↑ "«El trabajo que hicimos en el Gobierno influyó mucho en el éxito del 8M»". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ Barro, Pablo. "La exdiputada Laura Seara vuelve al sector privado". Galicia. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "Salceda ficha a Laura Seara para dirigir el segundo Plan de Igualdad del municipio". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laura Seara |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia
- Entrevista en El Progreso o 16 de abril de 2010.