Abrir o menú principal

Laura Bugalho, nada en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1964 é unha sindicalista e activista galega en diversas causas políticas e sociais.

Laura Bugalho
Nacemento6 de maio de 1964 (55 anos)
 Santiago de Compostela, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
OcupaciónSindicalista e activista social
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBT, transfeminista e a prol dos dereitos das persoas migrantes. É membro do Foro Galego de Inmigración, do colectivo Stop Desahucios Compostela e tamén milita na causa soberanista galega.

Ten publicado diversos artigos nas seguintes publicacións: Andaina, A Nosa Terra, Novas da Galiza, Galiza Livre, Diario Liberdade e Sermos Galiza.

En 2009 Laura Bugalho axudou a sacar á luz a trama da chamada Operación Peregrino, na que 57 persoas de orixe marroquí foran traídas a España coa promesa dun emprego despois de teren abonado dez mil euros.[1][2] A raíz daquel caso Bugalho foi acusada de falsidade documental e sometida a xuízo.[3][4]

RecoñecementosEditar

Laura Bugalho ten recibido, entroutros, os seguintes premios e recoñecementos:

  • Premio Legais 2001 a Defensa dos Direitos e Liberdades LGBT.
  • Premio Triángulo de Ouro EHGAM 2009.
  • Premio Nicolás Salmerón 2011 na categoría de Defensa das Liberdades Sexuais.

NotasEditar

  1. Se xulgan a Laura Bugalho, xúlgannos a todas
  2. "Diez mil euros por papeles y un lugar de trabajo". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  3. "A sindicalista Laura Bugalho enfróntase a até 8 anos de cadea polo seu traballo con inmigrantes". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  4. "A acusación contra Bugalho non se presenta nos xulgados após exixir que se reabrise o caso". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 

Véxase taménEditar