Lara Alcázar
Lara Alcázar Miranda, nada en El Entrego, Asturias, o 22 de outubro de 1992, é unha fotógrafa e activista feminista asturiana, líder do grupo Femen en España dende maio de 2013.[1]
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1992 (32 anos) Samartín del Rei Aurelio, España |
Ideoloxía política | Feminismo |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, fotógrafa, activista |
Membro de | |
Traxectoria
editarCursou os estudos de Historia da arte na Universidade de Oviedo.[1][2] Considérase feminista dende os 16 anos de idade e participou noutros movementos feministas e estudantís, como o PCA (Partido Comunista de Asturias), a UHP (Unión de Historiadores Progresistas), CSOA La Madreña, e Milenta Muyeres y Moces.[2][3]
Decidiu unirse a Femen, segundo explicou nas entrevistas, por sentir que o traballo de grupo representaba o que ela desexaba facer como activista.[4]
Para Alcázar Miranda, as mulleres teñen moitas áreas polas cales loitar, como o apoderamento económico, a igualdade de soldo e o fin da violencia de xénero, entre moitos outros.[3] Estabeleceu contacto con Inna Shevchenko, de Femen International, para manifestarlle o seu interese de crear a póla española do grupo, despois de participar no apoio ao caso de Amina Tyler, unha activista de orixe tunisiana que foi secuestrada pola súa propia familia, despois de que ela publicase nunha rede social unha foto na que se mostraba semiespida, cun libro e un cigarro.[3][5]
É considerada a cara de Femen en España, aínda que a formación da póla española do grupo levouna a cabo xunto a Indira, unha activista animalista orixinaria de Alxeciras, en Cádiz que actualmente non forma parte do grupo.[5][1][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Carlos Benito (9 de maio de 2013). ElComercio.es, ed. "Lara Alcázar, la asturiana que lidera Femen en España". Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Lara Alcázar Miranda (Sen data). "About me". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Carmen Pérez-Lanzac (15 de xuño de 2013). El País, ed. "“Si me resfrío, mi madre me cuidará”". Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Luján Palacios (13 de maio de 2013). La Nueva España, ed. "La conexión gijonesa de Femen". Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Ana Alfageme (14 de maio de 2013). El País, ed. "La cara y el cuerpo de Femen en España". Consultado o 16 de xuño de 2013.