Lagoa Sacra de Olives

(Redirixido desde "Lagoa Sacra")

Coordenadas: 42°40′27.2″N 8°21′08.5″O / 42.674222, -8.352361

A lagoa.

A lagoa Sacra de Olives é unha lagoa galega situada entre os concellos pontevedreses de Forcarei, A Estrada e Silleda.[1] Atópase a 700 metros de altitude, conta con 1,3 hectáreas de superficie e ao seu arredor quedan vestixios da existencia dunha muralla, aínda que na actualidade estes restos atópanse moi deteriorados.

Forma parte da zona especial de conservación das Brañas de Xestoso.[2]

DescriciónEditar

En canto á vexetación, é unha zona extensa de monte baixo e prados húmidos con interesantes brañas. A fauna existente componse dunha variada representación de anfibios, réptiles e aves, ademais de mamíferos coma raposos e lobos.

Na comarca existen antigas lendas que fan relación ao nome da lagoa, que proviría dunha batalla na que houbo tantos mortos que os botaron á lagoa amurallándoa deseguido para que non fosen profanados, inda que a realidade pode ser ben máis prosaica e o nome provir do próximo santuario de Santa María de Meda de Olives.

Desde hai 20 anos, habitualmente a lagoa seca durante o verán, pero en tempos tiña auga durante todo o ano. [Cómpre referencia]

Forma parte das Brañas de Xestoso, espazo protexido dentro da Rede Natura 2000.[1]

Ademais, a lagoa Sacra de Olives está emprazada no espazo LIC Brañas de Xestoso, da rede Natura dende o ano 2000.

Galería de imaxesEditar

A lagoa de Xestoso, nas Brañas de Xestoso. 
Lagoa en decembro de 2009. 
Lagoa en nadal de 2009. 
Vista aérea da lagoa sen auga en 2014. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Lagoa Sacra de Olives
  2. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar