La Raza (Santiago de Compostela)

La Raza foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1918.

La Raza
PaísEspaña
LugarSantiago de Compostela
Lingualingua castelá e lingua galega
Na rede
Galiciana: 581733
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Apareceu o 5 de febreiro de 1918, cunha periodicidade quincenal. Foi continuadora de Maruxa. Revista literaria, cada número constaba de vinte páxinas e imprimíase na tipografía de El Eco Franciscano. O seu director foi Marino López Blanco e posteriormente José Gómez Posada-Curros, e entre os seus colaboradores estivo Jaime Solá. Centrada na defensa da relixión e a patria, no primeiro número definíase: "Nuestros ideales: religión, belleza, patria. ¡Queremos un regionalismo sano y puro dentro de la gran unidad española!". Publicou artigos, información, notas de sociedade, poesías, contos e publicidade en seccións fixas como "De sociedad", "Dardos" ou "Información". Estaba financiada polos alemáns para facer propaganda da causa xermanófila.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar