La Defensa (Santiago de Compostela)
La Defensa foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1913 e 1914.
La Defensa | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano del Partido Republicano de Santiago. Defensor de Compostela. Defensor de la clase obrera, apareceu o 22 de novembro de 1913. Editábase os sábados. Estaba dirixido por José Pasín Romero, concelleiro republicano e presidente da Sociedad de Carpinteros. Entre os redactores figurou Jesús Posse, dirixente republicano, e o propio director, que escribiu artigos co pseudónimo de Espartaco. No primeiro número, nun artigo titulado "A modo de programa", presentaba os seus propósitos fundamentais centrados na fe, vontade, constancia e boa intención. Tiña as seccións: "De sábado a sábado", "Noticias y comentario", "Del Ayuntamiento" e "Cuestiones Obreras". Recolle información das sociedades obreiras de Santiago e as polémicas que mantiveron os concelleiros republicanos Raimundo López Pol e o propio Pasín co grupo de goberno liberal encabezado polo alcalde Luís Blanco Rivero. Inseriu algunhas coplas políticas en galego de Xesús San Luís Romero, asinadas co pseudónimo Un Vello Bergantiñán. Cesou a súa edición o 25 de abril de 1914.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Defensa, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Matos Espiño, Luis (2005). "Defensa, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Pereira, Dionisio (2012). José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela: Fundación 10 de Marzo. ISBN 978-84-939921-0-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.