L'Assiette au Beurre
L'Assiette Au Beurre (O prato de manteiga) foi unha revista satírica ilustrada francesa, de tirada semanal, publicada entre 1901 e 1912.[1] Esa época foi chamada en Francia a "Idade de Ouro da caricatura".
L'Assiette au Beurre | |
---|---|
Tipo | satírico |
Fundación | 1912 |
Remata | abril de 1936 |
Fundador | Samuel Schwarz |
Lingua | francés |
ISSN | 2021-0558 |
Na rede | |
https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/cb327033728/date | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundada por Samuel Schwarz, o seu primeiro número apareceu o 4 de abril de 1901. Politicamente manifestábase en contra dos inimigos da Terceira República e incluía con frecuencia contido anticlerical.[2]
Nela colaboraron artistas como Adolphe Willette, Jean-Louis Forain, Caran d'Ache, Albert Robida, Fernand Louis Gottlob, Abel Faivre, Henry Gerbault, Francisque Poulbot, Félix Vallotton, Juan Gris, František Kupka, Jacques Villon, Louis Marcoussis, Kees van Dongen, Javier Gosé, ou o portugués Tomás Leal da Câmara entre outros.
Próxima á sensibilidade anarquista nos seus inicios, L'Assiette au beurre non foi unha revista militante, aínda que, entre 1905 e 1911, estivo claramente implicada politicamente, especialmente contra o colonialismo. Despois de ter publicados preto de 10.000 debuxos realizados por uns 200 debuxantes, é un valioso testemuño iconográfico da Belle Époque.
Influencia en Galiza
editarPara Siro López, a revista tería sido, xunto a Simplicissimus, unha das maiores influencias para Castelao, en particular Jean-Louis Forain. Segundo Siro mesmo se tería inspirado en varias viñetas de L'Assiette Au Beurre para a campaña do Estatuto de Autonomía.[3]
Notas
editar- ↑ Varios autores 1978, p. Introducción: I y II.
- ↑ Varios autores 1978, p. Introducción: I.
- ↑ "Puntadas sen fío: Castelao, Antón Fraguas e eu". Siro. 2019-05-18. Consultado o 2022-02-22.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: L'Assiette au Beurre |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Girard, Louis (1983). "Dixmier (Elisabeth et Michel). L'Assiette au Beurre". Persee (en francés) 61 (61-2): 502–503. ISSN 2295-9068.
- Varios autores (1978). Stanley Applebaum, ed. French Satirical Drawings from "L'Assiette Au Beurre": Selection, Translations, and Text (en inglés). traducido por Stanley Applebaum. Courier Corporation. ISBN 9780486235837.