Kvant-1
Kvant-1 foi un dos módulos que formaban a estación espacial Mir.[1][2]
Características
editarO módulo Kvant-1 foi o primeiro módulo do tipo 37KE e estaba destinado a facer observacións astrofísicas e experimentación en ciencia de materiais. Con 18.500 kg de masa, 13 m de longo e 4,2 de diámetro, foi lanzado o 31 de marzo de 1987 a bordo dun foguete Proton K e usaba a mesma computadora de voo deseñada para a estación Saliut 5B e o sistema de volante de inercia desenvolvido para as estacións Almaz. O módulo atracou coa estación o 12 de abril e permaneceu unido a ela ata a súa reentrada atmosférica, o 23 de marzo de 2001. En 1992 se lle agregaron propulsores de control de actitude para reducir o consumo de propelente durante as manobras de apuntado. Un dos paneis solares do módulo Kristall foi montado no módulo Kvant 1 en 1992 e substituído en 1995 por dous paneis cunha potencia de 12 kW. A mediados dos anos 1990 a maior parte da instrumentación do módulo xa non funcionaba e nos últimos días o módulo usábase como almacén de lixo.[1][2]
O módulo estaba dividido nun compartimento presurizado cun volume de 40 m3 e un compartimento non presurizado. A parte presurizada á súa vez dividíase nunha zona de laboratorio e nunha zona de habitación. A parte non presurizada contiña estabilizadores de potencia e no seu exterior do módulo saían dous mastros para experimentos científicos.[1][2]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kvant-1 |