Kvant-2
Kvant-2 foi un dos módulos que formaban a estación espacial Mir.[1][2]

Características
editarO módulo Kvant-2 foi o primeiro de dous módulos de expansión para a estación Mir. Era un módulo do tipo 77KSD destinado a ofrecer unha esclusa, potencia eléctrica adicional e volantes de inercia para estabilizar a estación. O módulo tiña unha masa de19.565 kg e medía 13,73 m de longo. Foi lanzado o 26 de novembro de 1989 a bordo dun foguete Proton K e albergaba experimentos biolóxicos e de observación da Terra. Incluía o sistema Elektron de hidrólese para proporcionar osíxeno a partir de auga reciclada e dous sistemas de rexeneración de auga, unha ducha e unha esclusa. O módulo estaba dividido en tres compartimentos presurizados: o de instrumentación e carga, o de instrumentación científica e a esclusa. Tiña un volume presurizado total de 61 m³ e un sistema de propulsión consistente en dous motores principais de 3,9 kN de impulso alimentados por tetróxido de nitróxeno e UDMH e varios propulsores de control de actitude de 400 N de pulo. Dispoñía de dous paneis solares de 26 m² de superficie que proporcionaban unha potencia de 6,9 kW que se almacenaban nun sistema de baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 360 Amperio-hora.[1][2]
Kvant-2 destruíuse xunto co resto da Mir cando a estación reentrou na atmosfera de maneira controlada o 23 de marzo de 2001.[1][2]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kvant-2 |