Abrir o menú principal

Índice

A kuna é a moeda de Croacia. Subdivídese en 100 lipa. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é HRK.

HistoriaEditar

A palabra croata kuna fai referencia ao animal coñecido como marta. Aínda que se pense que o nome fai referencia ás moedas chamadas coroa, o nome escolleuse porque fai referencia ao uso das peles de marta como unidades de cambio na época medieval. A kuna foi introducida en xuño de 1994 despois do período de transición posterior á independencia croata, no que o dinar iugoslavo foi substituído polo dinar croata.

A elección do nome kuna foi moi polémica, sobre todo entre os serbios de Croacia, xa que a única entidade que usara antes aquel nome de moeda foi o estado fascista de Croacia durante a Segunda Guerra Mundial. O goberno croata defendeu a elección do nome co argumento do uso histórico das peles de marta, mentres que os seus detractores víano máis ben como unha forma de continuidade do moderno estado croata co réxime extremista anterior. A kuna é emitida polo Banco Nacional de Croacia (Hrvatska Narodna Banka).

MoedasEditar

Actualmente circulan moedas dos valores seguintes:

1 lipa 2 lipas 5 lipas
10 lipas 20 lipas 50 lipas
1 kuna 2 kunas 5 kunas

BilletesEditar

A continuación descríbense os billetes da última serie editada polo Banco Nacional de Croacia en 2001:

Imaxe Valor Dimensións Cor principal Descrición
Anverso Reverso
5 HRK 122 x 61 mm verde o Duque Fran Krsto Frankopan e o Ban Petar Zrinski o Castelo de Varaždin e o seu plano de planta
10 HRK 126 x 63 mm gris e marrón o bispo Juraj Dobrila o Anfiteatro de Pula e plano da vila Motovun en Istria
20 HRK 130 x 65 mm vermello e púrpura o heroe nacional Ban Josip Jelačić o castelo do Conde Eltz en Vukovar e un recipiente de cerámica con forma de paxaro
50 HRK 134 x 67 mm azul o poeta Ivan Gundulić vista do caso antigo de Dubrovnik e o Pazo do Reitor
100 HRK 138 x 69 mm vermello e ocre o poeta Iván Mažuranić, de fondo fragmento dunha inscrición no convento de Santa Lucía en Baška (illa Krk) a igrexa de San Vid en Rijeka e plano de planta da mesma
200 HRK 142 x 71 mm marrón o político Stjepan Radić o edificio do Comando Militar en Osijek e plano de planta da antiga Fortaleza de Osijek
500 HRK 146 x 73 mm verde oliveira o escritor Marko Marulić o palacio de Diocleciano en Split e a figura dun gobernador croata do século XI
1000 HRK 150 x 75 mm azul e gris o político Ante Starčević o monumento ao primeiro rei croata, Tomislav, de fondo a Catedral de Zagreb

Taxas de trocoEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar