Krazy Kat é unha tira de prensa creada por George Herriman que apareceu nos diarios estadounidenses entre 1913 e 1944. Publicouse por primeira vez no New York Evening Journal de William Randolph Hearst. Ambientada nunha escena idealizada do lugar de vacacións de Herrmiman no condado de Coconino, Arizona, Krazy Kat é unha mestura de surrealismo, brincadeira inocente e linguaxe poética que fixo que estes cómics se convertesen nun dos favoritos dos fans ao longo das décadas.

Krazy Kat
Lingualingua inglesa
Xénero(s)Banda deseñada
FormatoTira de prensa con compilacións posteriores en volumes.
Na rede
editar datos en Wikidata ]

O argumento céntrase nas relacións entre tres personaxes: Krazy, un gato inocente de sexo indefinido, o antagonista e amor non correspondido, o rato Ignatz Mouse, e Officer Bull Pupp, un bulldog policía, inimigo de Ignatz e namorado en segredo de Krazy Kat. Todas as historias son autoconclusivas. Unha boa parte das tiras segue un esquema similar: Ignatz lanza un lladrillo a Krazy Kat, por razóns descoñecidas, o que el/ela interpreta como unha proba de amor; logo aparece Officer Pupp, administrador da lei no Condado, e cunha misión persoal que pon fin aos plans de Ignatz, que acaba sempre no cárcere. Neste esquema sinxelo hai toda unha serie de variacións.

A pesar da sinxeleza das pallasadas da trama xeral, foi a caracterización detallada dos personaxes, xunto coa creatividade verbal e visual de Herriman, o que fixo que Krazy Kat fose un dos primeiros cómics louvados por intelectuais e considerados como unha arte seria. Gilbert Seldes, un crítico moi apreciado da época, escribiu un longo eloxio da tira en 1924, calificándoa como "a obra de arte máis deliciosa, fantástica e satisfactoria producida na actualidade en América". O famoso poeta E. E. Cummings, outro admirador, escribiu a introdución da primeira colección en formato libro. En tempos recentes, algúns debuxantes modernos citaron a Krazy Kat como unha grande influencia.

Personaxes

editar

Krazy Kat

editar
 
Páxina a cor dunha aventura de Krazy Kat e Ignatz

Inxenuo e curioso, o personaxe principal da tira deambula por Coconino County despreocupado. Os diálogos de Krazy empregan un argot ("A fowl konspirissy - is it pussible?") que se asemella a unha mestura de inglés, francés, castelán, yiddish e outros dialectos e expresións inventadas. A miúdo cantan ou bailan expresando a súa alegría, Krazy, coa súa paixón cega por Ignatz cre que os ladrillos que lle lanza o rato son un xeito de devolverlle ese amor. Non é consciente da rencorosa rivalidade entre Ignatz e o oficial Pupp e confunde os frecuentes encarceramento do can ao rato cun xogo inocente de policías e ladróns. Naquelas ocasións nas que Ignatz é cazado antes de lanzar o lladrillo, Krazy solta un suspiro e pregúntase onde se meteu o seu querido rato.

Ignatz

editar

A Ignatz nada lle presta máis que lanzar ladrillos á cabeza de Krazy Kat. Para protexer os seus plans do Officer Pupp, Ignatz esconde os ladrillos, enmascárase, ou alístase de axudante en Coconino County. Facendo máis levadeiras as tarefas de Ignatz está a boa vontade de Krazy Kat, ansiando recibir un afectuoso agasallo en forma de golpe na cabeza.

Officer Pupp

editar

"Membro da Lei e Brazo da Orde", Officer Bull Pupp (tamén chamado "Offisser", "Offissa" e "Offisa") sempre tenta (e ás veces consegue) impedir as intencións do Ignatz de tirarlle un ladrillo a Krazy Kat.

 
George Herriman debuxando.

Historia

editar

Krazy Kat evolucionou a partir dunha tira de Herriman, The Dingbat Family[1], estreada en 1910, e que máis tarde pasaría a chamarse "The Family Upstairs", un nome máis popular para o cómic dos Dingbats que trataba de evitar as bromas da familia misteriosa do apartamento de enriba. Herriman quixo completar as aventuras dos Dingbats e no tempo que lle sobraba da súa xornada laboral- engadiu, ao fondo da tira, unha serie de pequenas viñetas que narraban os acontecementos dun gato e un ratiño[2].

A pesar de que a serie era pouco apreciada polo grande público, Krazy Kat xuntou un bo grupo de seguidores entre os intelectuais, pero foi preciso o apoio do editor Willam Randolph Hearst para que a serie conseguise independencia.

O 17 de agosto de 1910, o gato recibiu o nome de "Krazy Kat" por primeira vez. En 1911, a primitiva tira de Krazy Kat substituíu a The Family Upstairs durante unhas semanas, antes de volver ao seu papel subsidiario. Pasou a ser unha tira habitual a partir do 28 de outubro de 1913 e a súa publicación estendeuse a outras cabeceiras, a través do King Features Syndicate. O 23 de abril de 1916, Herriman converte a Krazy Kat nunha sunday strip (tira dominical de páxina completa), primeiro en branco e negro e despois a cor. Herriman continuou debuxando bandas deseñadas até o seu pasamento, en 1944.

Adaptacións ao cine e televisión

editar
 
Ignatz e Officer Pupp

Krazy Kat foi introducida no campo da animación moitas veces. Nestas adaptacións o sexo do gato xa non era dubidoso, era macho ou femia, e era o protagonista, en detrimento do rato Ignatz. As primeiras curtametraxes foron producidas por William Randolph Hearst en 1916, coa compañía Hearst-Vitagraph News Pictorial e, máis tarde, co International Film Service (IFS) en 1918. En ningunha destas obras participou o autor orixinal, George Herriman. Despois dun lapso de dous anos en 1920, John R. Bray, propietario de "Bray Productions", comezou a producir unha serie de curtas "Krazy Kat". Eran tempos do cine mudo e recurrían aos globos para mostrar os diálogos.

En 1925, o pioneiro da animación Bill Nolan quixo traer a tira de volta á pantalla. Despois dun primeiro intento de acordo cos Animadores Asociados, tras a súa disolución, conseguiu que Margaret J. Winkler aceptase distribuír o seu traballo. A diferenza das adaptacións anteriores, Nolan non se baseou nas historias, personaxes e situacións orixinais da tira. O gato de Nolan era explicitamente masculino, e o seu deseño e personalidade achegárono moito a Félix, o gato. É moi probable que iso fose debido a que Nolan estivo a traballar un tempo no estudo de Pat Sullivan, un dos creadores de Felix.

 
O chechoslovaco Gene Deitch produciu a serie de animación de Krazy Kat nos anos 60s

O marido de Winkler, Charles B. Mintz, decidiu facerse co control da operación. Despois de crear o seu propio estudo, "Charles Mintz Screen Gems", comezou a producir as primeiras curtas sonoras de Krazy Kat, sendo o primeiro "Ratskin", lanzado en 1929. En 1930, decidiu trasladar todo o seu equipo a California, e alí redeseñaron os personaxes. A súa estética era distante da tira, e Krazy Kat de Mintz era, como moitos outros personaxes de debuxos animados de principios dos anos 30, unha versión do Mickey Mouse personaxe de Disney, e as súas aventuras limitáronse ao sinxelo slapstick coa súa moza (como Mickey e Minnie Mouse) e a súa fiel mascota, un can. En 1936, o animador Isadore Klein foi o responsable de "Lil 'Ainjil", a única curta de Mintz que tentou reflectir a banda deseñada orixinal. Con todo, Mintz estaba tan "terribelmente decepcionado" co resultado que ordenou continuar o "Krazy-Mickey". En 1939, Mintz tivo que venderlles o estudo debido a débedas coa súa distribuidora Columbia Pictures. A última curta de Krazy aínda producida baixo o nome de Screen Gems, Mouse Exterminator, lanzouse en 1940.

O director de animación Gene Deitch, da produtora Rembrandt Films de Praga, Checoslovaquia (agora República Checa) produciu unha serie de Krazy Kat entre 1962 e 1964, que axudou a coñecer o personaxe entre a xeración Baby boom. A diferenza das adaptacións anteriores, as curtas de Deitch foron feitas para televisión e esteticamente estaban moi próximas á tira orixinal; dende o uso dos escenarios e os fondos, até a presenza do rato Ignatz. Porén, como nos anos 30, o xénero de Krazy estaba definido, neste caso era un gato. Nas curtas anteriores, a adaptación estaba tan afastada da obra orixinal que o sexo do gato era indiferente; pero as curtas de Deitch tentaron ser fieis á tira de Herriman. Jay Livingston e Ray Evans compuxeron a música da maioría dos episodios. Por desgraza, a animación desigual e a mala sincronización das voces é común nesta serie. O Oficial Bull Pup tamén tiña a súa propia serie de curtas.

Edicións en inglés

editar

Eclipse Comics comezou a publicar a obra completa, en colaboración con Turtle Island, mais a desaparición da editorial deixou a edición inconclusa.

  • Krazy & Ignatz (tiras de 1916)
  • The Other Side of the Shore From Here (tiras de 1917)
  • The Limbo of Useless Unconsciousness (tiras de 1918)
  • Howling Along the Halls of Night (tiras de 1919)
  • Pilgrims on the Road to Nowhere (tiras de 1920)
  • Sure As Moons is Cheese (tiras de 1921)
  • A Katnip Kantata in the Key of K (tiras de 1922)
  • Inna Yott On the Muddy Germanium (tiras de 1923)
  • Shed a Soft Mongolian Tear (tiras de 1924)
  • Honeysuckil Love is Doubly Swit tiras de 1916, sen publicar) 1925 strip, unpublished
  • At Moonrise by the Old Smoke Tree tiras de 1916, sen publicar) 1937 color strips, unpublished
  • My Sodium Poppa 1938 color strips, tiras de 1916, sen publicar) unpublished

Fantagraphics Books está publicando hoxe reedicións de Krazy Kat en volumes deseñados por Chris Ware.

  • Krazy & Ignatz in "There Is A Heppy Lend Furfur A-Waay": The Komplete Kat Komics 1925 - 1926 ISBN 1560973862
  • Krazy & Ignatz in "Love Letters In Ancient Brick": The Komplete Kat Komics 1927 - 1928 ISBN 1560975075
  • Krazy & Ignatz in "A Mice, A Brick, A Lovely Night": The Komplete Kat Komics 1929 - 1930 ISBN 1560975296
  • Krazy & Ignatz in "A Kat Alilt with Song": The Komplete Kat Komics 1931 - 1932 ISBN 1560975946
  • Krazy & Ignatz in "Necromancy by the Blue Bean Bush": The Komplete Kat Komics 1933 - 1934 ISBN 1560976209
  • Krazy & Ignatz in "A Wild Warmth of Chromatic Gravy": The Komplete Kat Komics 1935 - 1936 ISBN 156097690X (primeiro volume a cor)
  • O plan editorial inclúe concluír a edición de todas as tira da serie até 1944, e republicar despois os tomos do período 1916-1924, anteriormente lanzados por Eclipse.
  1. Blackbeard, Bill;, Martin Williams,. "The Smithsonian Collection of Newspaper Comics". pp. 59–60. 
  2. "Primeira aparición de Krazy Kat". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar