Minnie Mouse

Personaxe de ficción da Disney, a moza de Mickey Mouse

Minnie Mouse é unha personaxe do mundo ficticio da Disney (estudios Walt Disney Pictures). Unha ratiña que pertence ao Universo de Mickey Mouse, o seu namorado. Creouse en 1928 polo mesmo Walt Disney.

Minnie nunha insignia do portaavións de escolta da Mariña dos EEUU "USS Mindoro" de 1950.

Steamboat WillieEditar

Fai todo polo seu namorado, o rato Mickey, co que estivo dende o comezo. Debutou en Plane Crazy, o 15 de maio de 1928, aínda que acadou o éxito xunto a Mickey no terceiro episodio de ambos os dous, Steamboat Willie (1928). No episodio, despois de discutir Mickey co gato Pete na ponte dun barco fluvial no que estaba empregado, avista a Minnie no peirao. Mickey consegue "pescar" a Minnie cun gancho e tráena a bordo. Ao chegaren a porto, desembarcan cos animais de granxa que o barco levaba, usándoos como instrumentos musicais e cos que improvisan a canción "Turkey in the Straw" (O perú na palla).

Minnie é tamén amiga da vaca Clarabela (Clarabelle Cow) e da parrula Daisy (a moza de Donald). E aparece como unha personaxe regular no programa de televisión House of mouse. Apareceu en diversos debuxos animados.

Primeira apariciónEditar

A súa primeira historieta en banda deseñada foi "Lost on a Desert Island", publicada en xaneiro de 1930, nos EUA.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar