Kevin Knox

baloncestista estadounidense

Kevin DeVon Knox II, nado o 11 de agosto de 1999 en Phoenix, Arizona, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 2,01 metros de estatura xoga na posición de ala.

Kevin Knox
Axente libre
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 11 de agosto de 1999 (24 anos)
Phoenix, Arizona
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Tampa Catholic
(Tampa, Florida)
Universidade Kentucky (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por New York Knicks
Carreira dende 2018
Historial de equipos
New York Knicks (2018–2022)
Atlanta Hawks (2022)
Detroit Pistons (2022–2023)
Portland Trail Blazers (2023)
Detroit Pistons (2023–2024)

Traxectoria profesional editar

Knox foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2018 polos New York Knicks.[1] O 5 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.[2]

O 13 de xaneiro de 2022, Knox foi traspasado xunto a unha elección protexida da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio de Cam Reddish, Solomon Hill e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.[3][4]

O 1 de agosto de 2022, Knox asinou cos Detroit Pistons.[5]

O 9 de febreiro de 2023, os Pistons traspasaron a Knox ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks e os Golden State Warriors.[6]

Notas editar

  1. "NBA Draft: New York Knicks banking on Kevin Knox's upside, potential". North Jersey Media Group. 21 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. "New York Knicks sign Kevin Knox". NBA.com. 5 de xullo de 2018. Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  3. "Hawks Acquire Kevin Knox II And First-Round Pick In Exchange For Cam Reddish, Solomon Hill And Second-Round Pick". NBA.com. 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  4. "Knicks Acquire Cam Reddish". NBA.com. 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  5. "Pistons re-sign Rodney McGruder, finalize Kevin Knox deal". DetroitNews.com (en inglés). 2022-08-01. Consultado o 2022-08-02. 
  6. "Trail Blazers Acquire Kevin Knox II and Five Future Second Round Picks in Three-Team Trade". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar