Aleksandr Kerenskii

político ruso
(Redirección desde «Kerenskii»)

Aleksandr Fedorovich Kerenskii (en ruso: Александр Фёдорович Керенский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970,[1][2] foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.

Modelo:BiografíaAleksandr Kerenskii

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Александръ Ѳедоровичъ Керенскій Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1881 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Ulianovsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1970 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Rusia
21 de xullo de 1917 – 7 de novembro de 1917
← Georgy LvovLenin →
Member of the State Duma of the Russian Empire (en) Traducir
Membro da Asemblea Constituínte Rusa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, revolucionario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Social-Revolucionario
Partido Laborista (Rusia) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1964Radio Canada International (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLydia Tritton (1939–)
Olga Kerensky (–1939) Editar o valor en Wikidata
FillosOleg Kerensky
 () Editar o valor en Wikidata
PaiFedor Kerensky Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0449292 BNE: XX1330455 Find a Grave: 6532415 Editar o valor en Wikidata

Mocidade

editar

Aleksandr Kerenskii nado en Simbirsk (agora Ulianovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fedor Kerenskii, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa ortodoxa rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.

O pai de Kerenskii foi o director de Vladimir Ulianov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerenskii e Ulianov eran amigos. En 1889, cando Kerenskii tiña oito anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde o seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerenskii graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.

Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II

Revolución de Outubro de 1917

editar

Kerenskii distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertéranse en bolxeviques. Entre o 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. e o 26 de outubroxul./ 8 de novembro de 1917greg. os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenskii en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno rexemento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.

Kerenskii escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenskii fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a guerra civil rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.

  1. Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.169. Kerenski, Alexander Feódorovich Político ruso (1881-1970) 
  2. DEGU 36. 2003. p. 24. Kerenskij, Aleksandr F'odorovič (Simbirsk, actual Uljanovsk 1881 - Nova York 1970) Político... 

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Georgii Lvov

Presidente do Goberno Provisional

1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Sucesor:
Vladimir Lenin