Keizō Yasumatsu

entomólogo xaponés

Keizō Yasumatsu, tamén coñecido como Keizo Yasumatsu, nado o 1 de marzo de 1908 en Toquio e finado o 25 de xaneiro de 1983, foi un entomólogo xaponés.[1][2]

Infotaula de personaKeizō Yasumatsu
Nome orixinal(ja) 安松京三 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1908
Toquio
Morte25 de xaneiro de 1983
Fukuoka
Datos persoais
País de nacionalidadexaponesa
EducaciónUniversidade de Kyūshū
Actividade
Ocupaciónentomólogo
EmpregadorUniversidade de Kyūshū
Linguafrancés, inglés, latín, xaponés
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaYasumatsu Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Keizō Yasumatsu fixo os seus primeiros estudos en Fukuoka, e graduouse na Universidade de Kyūshū (daquela Universidade Imperial de Kyūshū) en 1933. O seu principal profesor foi o doutor Teiso Esaki, un dos entomólogos máis distinguidos daquela época, que foi o primeiro profesor de Entomoloxía da Universidade de Kyūshū.[2]
Doutorouse nesa Universidade en 1945, cunha tese titulada "Algunhas análises sobre o crecemento dos insectos, con especial referencia a un fásmido, Phraortes kumawzotoensis Shiraki". En 1933 foi nomeado membro do persoal non regular no laboratorio entomolóxico da Facultade de Agricultura da Universidade de Kyūshū. Durante tres anos, desde 1936 o doutor Yasumatsu traballou como conselvador asistente do laboratorio biolóxico Hikosan, a uns 90 km ao leste da cidade de Fukuoka, que era unha das institucións de investigación dependentes da Universidade de Kyūshū. Durante estes anos realizou estudos intensos sobre a bioloxía de moitos insectos. Dado que o laboratorio está situado nas ladeiras do monte Hikosan (a 1 200 m), tiña un cómodo acceso a moitos insectos para estudos de campo. En 1939 foi nomeado axudante de entomoloxía, e foi trasladado de novo ao laboratorio de entomoloxía da Facultade de Agricultura da Universidade de Kyūshū. Foi ascendido a profesor asociado de entomoloxía en 1942, e profesor de entomoloxía en 1958, momento no que sucedeu ao profesor Teiso Esaki que faleceu aos 58 anos en 1957. Despois de 38 anos de servizo retirouse en marzo de 1971.[2]

A primeira contribución do profesor Yasumatsu á entomoloxía publicouse en 1928, cando tiña 20 anos, sobre a área de distribución da bolboreta Japonica lutea, que rexistrou en Kyūshū por primeira vez.[2]

K. Yasumatsu é coñecido, entre outras cousas, por ser o descritor da especie Dryocosmus kuriphilus, a avespa do castiñeiro.[3]

Obras editar

Foi o autor de 64 obras en 108 publicacións. As máis destacadas poden verse aquí.[4]

Abreviatura editar

A abreviatura Yasumatsu emprégase para recoñecer a Keizō Yasumatsu como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hirashima, Yoshihiro (1983): "Keizo Yasumatsu (1908-1983)", Esakia, 20: 1-7.