Jurjo Torres Santomé
Xurxo Torres Santomé, nado en Castro de Rei o 2 de xuño de 1951,[1] é un pedagogo e ensaísta galego. É un especialista en políticas educativas, multiculturalismo e currículo integrado. Tamén é coñecido polo seu activismo na defensa da escola pública e pola denuncia da influencia do neoliberalismo nas políticas actuais.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1951 (73 anos) Castro de Rei, España |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo |
Empregador | Universidade da Coruña |
Xénero artístico | Ensaio |
Sitio web | jurjotorres.com |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade Pontificia de Salamanca, onde conseguiu o doutoramento en 1979 e traballou como profesor até 1980. Dende 1984 a 1991, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela ademais de profesor visitante na Universidade de Wisconsin-Madison no Department of Curriculum and Instruction and Educational Policy Studies.
Dende 1991 é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, e tamén dirixe o departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e coordina o Grupo de Investigación en Innovacións Educativas da mesma universidade.
A súa obra está orientada á investigación curricular, interdisciplinariedade, análise de políticas educativas, multiculturalismo, pedagoxía crítica e formación do profesorado. Ten publicado máis dun cento de artigos en libros e revistas de pedagoxía de España, Estados Unidos e América Latina en galego, castelán, inglés e portugués.
Tamén é colaborador habitual en revistas especializadas entre elas: Cuadernos de Pedagogía, Pedagogy, Culture & Education, Education Policy Analysis Archives, Kikirikí, Currículum Sem Fronteiras, A Página da Educaçâo, Aula de Infantil; Revista Brasileira de Educaçâo, Educaçâo e Realidade; Aula de Innovación Educativa; Investigación en la escuela, Teias, In-fan-cia, Signos. Teoría y Práctica de la Educación, O Ensino, Perspectiva Cep etc. Ten colaborado con organizacións pedagóxicas como a AS-PG.
Obra en galego e portugués
editarEnsaio
editar- A educação infantil (1991). Ourense: Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa.
- O currículum oculto (1995). Porto: Porto Editora.
- Globalização e interdisciplinariedade. O currículo integrado (1998). Porto Alegre: Artmed Editora. ISBN 9788573073133
- Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo: lección inaugural na solemne apertura do curso académico 2001-2002 da Universidade da Coruña (2001). A Coruña: Universidade da Coruña.
- A educação em tempos de neoliberalismo (2003). Col. Educação, teoria e crítica. Porto Alegre: Artmed Editora. ISBN 9788536301389
- A desmotivação dos professores (2006). Mangualde (Portugal): Edições Pedago. ISBN 9789728980146
- Multiculturalismo anti-racista (2008) Porto: ed. Profedições. ISBN 978-972-8562-53-3
Obras colectivas
editar- Pra unha educación preescolar galega (1978). Santiago de Compostela: Xistral. Con Montse Erauskin.
- Ensinar Historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos (2002). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Con Luís Martínez-Risco Daviña e Ramón Villares.
- Novos enfoques no ensino universitario (2008). Vigo: Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. ISBN 978-84-8158-366-3
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- La educación en la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago: (S.XVIII-XIX) (1979). Salamanca: Universidade de Salamanca. ISBN 84-7481-047-7
- El currículum oculto (1991). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471123510
- Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado (1994). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 84-7112-372-X
- La desmotivación del profesorado (2006). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471125101
- Educación en tiempos de neoliberalismo (2002). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 84-7112-459-9
- La justicia curricular: el caballo de Troya de la cultura escolar (2011). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471126337
- Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y neocolonialistas (2017). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata, ISBN 9788471128218
Obras colectivas
editar- I Simposium sobre el proceso de socialización: ponencias y comunicaciones (1988). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
- El marco curricular en una escuela renovada (1988). Col. Integración escolar, 1. Con Coll Salvador, C.; Gimeno Sacristán, J; e Santos Guerra, M. A. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia e Edit. Popular. ISBN 9788486524531
- Ventos de desescolarização. A nova ameaça à escolarização pública (2003). Con Paraskeva, João M. e Apple Michael W. Lisboa: Plátano editora. ISBN 978-9727702305
Obra en inglés
editar- Globalisms and Power: Iberian Education and Curriculum Policies. (2012), con Joao M. Parakeva. Nova York: Peter Lang Publishing Inc. ISBN 9781433115547
Premios
editar- Premio Alexandre Bóveda no 1978, por Pra unha educación preescolar galega.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lombardero, Xabi (22-08-2018). "Jurjo Torres: “O debate sobre educación non sae nos grandes medios ou saen anécdotas e parvadas”". el salto diario.com. Consultado o 22-08-2018.
- ↑ "La LOMCE, una ley muy conservadora y neoliberal. Vídeo". aulaintercultural.org. Consultado o 24-08-2018.
- ↑ Torres Santomé, Jurjo. "12 razones para decir NO a la LOMCE" (PDF). yoestudieenlapublica.org. Consultado o 22-08-2018.