June Carter Cash
Valerie June Carter Cash, nada en Maces Spring (Virxinia) o 23 de xuño de 1929[1] e finada en Nashville o 15 de maio de 2003,[2] foi unha cantante compositora, actriz, cómica e filántropa estadounidense. Tocaba a guitarra, o banxo e a autoarpa. Carter Cash gañou cinco premios Grammy e foi incluída no Salón da Fama da Música Cristiá en 2009.[3]
June Carter Cash | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Valerie June Carter |
Nacemento | 23 de xuño de 1929 |
Lugar de nacemento | Maces Spring |
Falecemento | 15 de maio de 2003 |
Lugar de falecemento | Nashville |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrada | Hendersonville Memory Gardens |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Neighborhood Playhouse School of the Theatre |
Ocupación | cantautora, cantante, intérprete de banxo, actriz, compositora de cancións, bailarina, actriz de televisión e artista discográfico |
Pai | Ezra Carter |
Nai | Maybelle Carter |
Cónxuxe | Johnny Cash, Carl Smith e Edwin Lee Nix |
Fillos | John Carter Cash, Carlene Carter e Rosie Nix Adams |
Irmáns | Helen Carter e Anita Carter |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
June Carter Cash naceu como Valerie June Carter en Maces Spring, Virxinia, filla de Maybelle Carter (de solteira Addington) e Ezra Carter. Os seus pais eran intérpretes de música country e comezou a actuar con Carter Family desde os dez anos en 1939. En marzo de 1943, xunto coa súa nai e as súas irmás Helen e Anita formaron o grupo Mother Maybelle and the Carter Sisters. A pesar de non posuír o talento vocal das súas irmás desenvolveu un don especial para a comedia.[4]
En 1950 integrouse no grupo Opry, formado por diversos artistas que facían xiras. Alí a familia fíxose amiga de Hank Williams, Elvis Presley e Johnny Cash, con quen comezou a establecer unha complicada relación. Coa súa complexión delgada, June confrecuencia optaba polas actuacións cómicas do grupo, ao lado de estrelas como Faron Young e Webb Pierce.
Casou tres veces, primeiro co cantante de honky tonk Carl Smith o 9 de xullo de 1952, de quen se divorciou en 1956. Tiveron unha filla, Rebecca Carlene Smith.[5] O 11 de novembro de 1957 casou co camioneiro Edwin «Rip» Nix, con quen tivo outra filla, Rozanna (Rosie Nix Adams). Divorciáronse en 1966. Ambas as dúas fillas son cantantes.
Naqueles momentos June e a súa familia actuaba frecuentemente con Johnny Cash. En 1968 Cash pediulle matrimonio publicamente durante un concerto e casaron o 1 de marzo en Franklin, Kentucky.[6] A parella tivo un fillo dous anos máis tarde, John Carter Cash, tamén cantante e compositor. A relación entre June e Johnny foise vendo afectada pola caída de Cash na drogadicción e o alcoholismo, dos que logrou recuperarse grazas á axuda de June e da súa familia.
En 1997 participou como actriz no filme The Apostle, de Robert Duvall.
June faleceu o 15 de maio de 2003 en Nashville (Tennessee), polas complicacións que seguiron a unha operación a corazón aberto.[2] O seu marido faleceu tan só catro meses máis tarde e a súa filla Rosie un mes despois que Johnny Cash. Os tres foron enterrados xuntos nos Hendersonville Memory Gardens preto do seu fogar en Hendersonville, Tennessee.[7]
O seu último álbum, Wildwood Flower, lanzouse postumamente en 2003 e gañou dous premios Grammy.[8] Contén extractos da filmación das sesións de gravación que tiñan lugar na propiedade familiar dos Carter en Hiltons, Virxinia.
DiscografíaEditar
Álbums en solitarioEditar
- Appalachian Pride (1975)
- It's All in the Family (1999)
- Wildwood Flower (2003)
- Louisiana Hayride (2003)
- Keep on the Sunny Side: June Carter Cash - Her Life in Music (2005)
- Church in the Wildwood: A Treasury of Appalachian Gospel (2005)
- Ring of Fire: The Best of June Carter Cash (2005)
- Early June (2006)
Álbums con Johnny CashEditar
NotasEditar
- ↑ "Root dig - June Carter Cash in the 1930 US Census". marzo de 2007.
- ↑ 2,0 2,1 Ratliff, Ben (16 de maio de 2003). "June Carter Cash, a Fixture In Country Music, Dies at 73". The New York Times (en inglés) (Nova York). ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Awards". Christian Music Hall of Fame and Museum. 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ Bufwack, Mary (1998). Kingsbury, Paul, ed. The Encyclopedia of Country Music - Carter Sisters. New York: Oxford University Press. p. 85.
- ↑ "Marriage - Johnny Cash and June Carter Cash" (profile). About.
- ↑ Downey, Ryan J. Country Star June Smith First Wife Carl Smith 73. MTV.com. 2003-05-15.
- ↑ "Cash Buried Near Nashville". Fox News (en inglés). 2003-09-15. Consultado o 2018-01-24.
- ↑ "Artists - June Carter Cash" (biography). CMT.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: June Carter Cash |
BibliografíaEditar
- Carter Cash, June (1979). Among my klediments (en inglés). Grand Rapids, MI: Zondervan Pub. House. ISBN 0-310-38170-3. OCLC 4774556.
- Dawidoff, Nicholas (1998). In the country of country (en inglés) (First Vintage Books edition ed.). Nova York. ISBN 0-375-70082-X. OCLC 39356848.
- Zwonitzer, Mark; Hirshberg, Charles (2002). Will you miss me when I'm gone?: the Carter Family and their legacy in American music (en inglés). Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-684-85763-3. OCLC 49225763.
- "A Brief History of My Family and an Autobiographical Sketch of My Musical Life", Carl P. McConnell, 24 de xaneiro de 1976
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial
- MoreThings June Carter e Johnny Cash
- Yahoo! Music
- A.P. Carter Museum
- Entrevista de June Carter con Johnny Carson