Julián Carballo Gómez

barbeiro e sindicalista galego

Julián Carballo Gómez, nado en Pontevedra en maio de 1894 e finado na Coruña o 11 de maio de 1938, foi un barbeiro e sindicalista galego.

Modelo:BiografíaJulián Carballo Gómez
Biografía
Nacementomaio de 1894 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbarbeiro, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Cronoloxía
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937evasión de La Libertaria Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4129

Traxectoria

editar
 
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor.

Instalado na Coruña como barbeiro. Delegado da Confederación Rexional Galaica e da Federación Local Obrera da CNT. Militante do Sindicato de Barbeiros e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi detido en Ferrol por orden gobernativa en febreiro de 1932 como consecuencia dunha folga.[1]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia armada ao golpe, despois agochouse e contactou con outros militantes dispersos que non foran capturados. Grazas á colaboración dos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, logrou fuxir da Coruña a principios de xaneiro de 1937, na embarcación La Libertaria, coa que chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro de 1937.[2] Loitou co Batallón Galicia na fronte do Norte. Logo da caída de Asturias, foi detido o 4 de novembro de 1937 a once quilómetros de Tinéu cando retornaba a Coruña. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 19 de febreiro de 1938, foi condenado a morte.[3] Foi executado na Coruña o 11 de maio de 1938.

  1. El Correo Gallego, 17-2-1932, p. 1.
  2. Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. p. 408. ISBN 978-84-9914-182-4. 
  3. La Voz de Galicia, 20-2-1936, p. 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar