Abrir o menú principal

Juan Francisco García García

(Redirixido desde "Juanfran")

Juan Francisco García García máis coñecido como Juanfran, nado o 15 de xullo de 1976 en Rafelbunyol (Valencia), é un futbolista que xoga na demarcación de lateral esquerdo.

Juan Francisco García García
Juan Fran.jpg
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1976
  Rafelbunyol e Valencia
Nacionalidade España
Altura 183 centímetros
Posición lateral

TraxectoriaEditar

Formouse no Levante UD co que conseguiu o ascenso a Segunda División, aínda que pronto ficha polo Valencia CF co que debuta en Primeira División. Na súa estancia en Valencia gañou a Copa do Rei e a Copa Intertoto na tempada 1998-1999.

No ano 1999 ficha polo Celta de Vigo, a onde chegou como promesa pero pronto se afianzou no equipo titular para substituír a Rafael Berges, e se gañou á afección grazas ao seu reborde físico no campo.

En Vigo viviu os grandes momentos da final da Copa do Rei no ano 2001, a Copa Intertoto de 2001, a clasificación para a Liga de Campións... pero tamén sufriu o descenso a Segunda División, na que sería a súa última tempada en Vigo, sendo traspasado ao Beşiktaş JK turco adestrado por Vicente del Bosque

Porén, coa marcha do adestrador madrileño ao ano seguinte tamén se produce a do xogador, que ficha polo Ajax Amsterdam, en Holanda gañou a Copa e a Supercopa.

No verán de 2006 volve a España fichando polo Real Zaragoza, aínda que non tería continuidade e tras ser apartado do club pola directiva fichou polo AEK Atenas FC, proclamándose subcampión de Liga.

No mercado de inverno de 2010 Juanfran fichou polo Levante UD en calidade de cedido, club polo que acabou fichando en propiedade e no que xoga na actualidade.

Coa Selección de fútbol de España foi internacional en 11 encontros oficiais ademais de participar nas categorías inferiores, participou na Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 1998, e xa na selección absoluta nas Eurocopas de 2000 e 2004 e no Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002.

ClubsEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar