Juanes
Juan Esteban Aristizábal Vázquez, nado en Carolina del Príncipe (Antioquia) o 9 de agosto de 1972, é un destacado cantante, compositor, guitarrista, arranxador e produtor de música Rock & Pop colombiano, máis coñecido como Juanes. O seu nome artístico, Juanes, é o alcume co que era chamado de mozo na súa familia e xorde da unión do primeiro nome e a primeira sílaba do segundo.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Esteban Aristizábal Vásquez 9 de agosto de 1972 (52 anos) Medellín, Colombia |
Residencia | Key Biscayne |
Educación | Universidade Pontificia Bolivariana |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositor, arranxador |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Pop latino |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Universal Music Group |
Familia | |
Cónxuxe | Karen Martínez |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | juanes.net |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Con 15 anos iniciou a súa carreira coa banda de Rock en español Ekhymosis, coa que realizou 5 álbums. Ó disolverse esta, Juanes decide lanzarse como solista no 2000, debutando co álbum Fíjate bien, no 2002 ratifica a calidade do primeiro co álbum Un día normal, en 2004 co best-séller mundial Mi sangre e xa en 2007 co que é o seu cuarto álbum de estudio La vida... es un ratico. Del destacan cancións como: "A Dios le pido", "Volverte a ver", "Para tu amor", o hit "La camisa negra" (número un en diversos países de América, Europa e Asia) e o seu máis recente sinxelo "Me enamora".
En 2006 foi nomeado polo goberno de Francia como da orde francesa das artes e as letras. Foi nomeado pola revista estadounidense People como unha das 100 persoas máis influentes do mundo e polos Angeles Times "como a figura do rock latino máis destacada da última década".
Así mesmo de acordo co selo Universal Music, Juanes foi galardoado entre outros, con 19 Premios Grammy Latinos, 5 Premios MTV, 2 NRJ Radio Awards, 6 Premios Lo Nuestro, e outros recoñecementos internacionais, polas súas maxistrais composicións ó amor, desamor, a vida, a familia, os desastres da guerra e a paz.
Traxectoria
editarJuan Esteban naceu no seo dunha familia influída pola música. Xa de novo o seu pai e os seus cinco irmáns aprendéronlle a tocar a guitarra, instrumento que o acompañou toda a súa vida musical. Comezou a súa carreira artística con 15 anos como membro da banda de rock Ekhymosis coa que gravou 5 álbums e alcanzou notoriedade no seu país. Logo dunha exitosa campaña publicitaria interpretando o jingle dunha marca de zapatos, recibe propostas de varias casas de discos para abandonar o seu estilo metal e aproximarse ao Pop Tropical que daquela encabezaba Carlos Vives. Juanes debuta como solista en 2000 co álbum Fíjate bien realizado xunto ó produtor Gustavo Santaolalla. A crítica especializada non o ten en conta, pero grazas ó impulso dos 7 nomeamentos ós Latin Grammy (das que é galardoado con 3) que a súa audiencia crece a maiores públicos en América.
Á vez coa promoción do álbum, o artista compón o que sería o seu segundo álbum de estudio como solista: Un día normal, que sae á luz en 2002. Ademais do éxito do himno á paz "A Dios le pido" destácanse cancións como: "Mala gente", "Es por ti", "Un día Normal", e o dúo xunto á exitosa cantante canadense Nelly Furtado titulado Fotografía. O álbum é acollido polo público chegando a ser o máis vendido dentro do xénero Tropipop en Colombia, México, España e entre os públicos hispanos dos Estados Unidos, entre outros. En outubro do mesmo ano a cadea MTV Latino congratúlao co premio a mellor artista do ano.
O éxito da súa música continuada en Un día Normal, lévao a recibir diversos premios á música arredor do mundo: Premios Univisión e Latin Bilboard nos Estados Unidos, Amigo en España e Viña del mar en Chile, á vez que realiza un tour de máis de 100 presentacións nos Estados Unidos e Hispanoamérica. Ó finalizar o ano novamente arrasa nos Grammy latino con 5 premios e outros dous MTVLA. En 2004 lanza o single Nada valgo sin tu Amor, preámbulo do seu terceiro álbum: Mi sangre lanzado meses máis tarde, con cancións como Volverte a ver e Para tu amor, sitúase nos primeiros lugares de preferencia e vendas entre o público Hispano-americano, pero é en 2005 co orixinal corte musical La Camisa Negra que Juanes xera furor en todo o mundo. A pesar das críticas adversas de publicacións como Rolling Stone que levan ó artista e o seu representante a vetar a publicación, a canción sitúase número 1 non só en Latinoamérica senón tamén en países culturalmente distintos que o acollen como o éxito bailable do ano como Alemaña, Francia, Países Baixos, Finlandia, Xapón, entre outros, superando o éxito de A Dios le pido. Durante o resto do ano e metade do 2006 Juanes leva a súa música arredor do mundo no Tour Mi sangre, logrando cheo total en centenares de presentacións. En agosto do mesmo ano anuncia o seu retiro temporal a un ano sabático para traballar en causas sociais, descansar coa súa familia e crear nova música.
O 4 de setembro de 2007 Juanes reaparece co lanzamento público do primeiro tema do seu cuarto álbum de estudio, single titulado Me enamora, que debuta con grande acollida en Latinoamérica, España, e os Estados Unidos hispano, posicionándose no primeiro lugar de preferencia entre o público de España, Arxentina, Centroamérica, Colombia, Chile, Estados Unidos hispano, entre outros países e ingresa ata a tops de países non hispanos como Finlandia, Alemaña, Croacia, o billboard 200 dos Estados Unidos, entre outros. O 23 de outubro sae oficialmente en máis de 77 países en simultáneo "La vida...es un ratico", nova produción musical que trae unha fusión de rock con ritmos floklóricos latinos e completamente en español, que é o estilo que creou Juanes e é co que sente cómodo, segundo sinalou. Inclúe a participación do cantante de punk-pop alemán Campino e do tamén rockeiro arxentino Andrés Calamaro. O novo álbum é considerado pola crítica como unha síntese dos anteriores traballos, con ritmos novos como o vallenato e folklor latino.
Discografía
editar- Fíjate bien (2000) (+1 000 000 copias vendidas)
- Un día normal (2002) (+2 000 000 copias vendidas)
- Mi sangre (2004) (+ 4 000 000 copias vendidas)
- La vida... es un Ratico (2007) (+ 7 500 000 copias)
- P.A.R.C.E. (2010) (+ 1 500 000 copias)
DVD
editar- El Diario de Juanes (2003)
Singles
editarAno | Sencillo | Álbum |
---|---|---|
2001 | "Fíjate Bien" | Fíjate Bien |
"Podemos Hacernos Daño" | ||
"Nada" | ||
2002 | "A Dios le Pido" | Un Día Normal |
"Es por ti" | ||
2003 | "Mala Gente" | |
"Fotografía" (con Nelly Furtado) | ||
2004 | "La Paga" (con The Black Eyed Peas) | |
"Un día Normal" | ||
"Nada Valgo sin tu Amor" | Mi Sangre | |
2005 | "Volverte a ver" | |
"La Camisa Negra" (#89 Billboard Hot 100) | ||
2006 | "Para tu Amor" | |
"A Dios le Pido" (relanzamento) | Mi Sangre Tour Edition | |
"Lo que me Gusta a mi" (#94 Billboard Hot 100) | Mi Sangre | |
"Rosario Tijeras" | ||
"Te busqué" (con Nelly Furtado) | Loose | |
2007 | "Me Enamora" (#69 Billboard Hot 100) | La Vida... es un Ratico |
Colaboracións
editarAno | Título | Artista | Álbum |
---|---|---|---|
2004 | "Impotente" (Versión en español de "Powerless)" | Nelly Furtado | "Folklore" |
2006 | "Te busqué" | Nelly Furtado | Loose |
"The Shadow of Your Smile" | Tony Bennett | Duets: An American Classic | |
"Il mio canto libero" | Laura Pausini | Io Canto | |
"Mi libre canción" | Laura Pausini | Yo Canto | |
"A tu lado" | Antonio Carmona | Vengo Venenoso | |
"La Peleita" | Alejandro Sanz con Residente Calle 13 | El tren de los momentos | |
"No Te Cambio" | Paulina Rubio | Ananda | |
2007 | "Nada particular" | Miguel Bosé | Papito |