Abrir o menú principal

Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un remeiro galego.[1]

Juan Zunzunegui Guimeráns
Nacemento1976
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou no remo ós 12 anos e especializouse na modalidade de scull lixeiro.[1]

En 1996 participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta.[1]

En 1988 acadou o quinto posto na proba do Mundo de Múnic e o sexto posto no Campionato do mundo de Colonia na categoría de catro sen lixeiro.[1]

Participou nos Xogos Olímpicos de Sidnei no ano 2000 e acadou o diploma olímpico ó chegar en noveno lugar na categoría de dobre scull lixeiro. Nese mesmo ano gañou a medalla de bronce do Campionato do Mundo en Zagreb na categoría de catro scull lixeiro.[1]

No ano 2001 conseguiu unha nova medalla de bronce nos xogos do Mediterráneo de Tunes na categoría de dobre scull lixeiro.[1]

Participou tamén na clase de dobre scull lixeiro nos campionatos mundiais de Sevilla, en 2002, e Milán, en 2003, acadando nos dous o sétimo posto.[1]

En 2003 conseguiu o primeiro posto da Regata Internacional de Essen.[1]

Ó ano seguinte participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, obtendo a oitava praza en dobre scull lixeiro. Obtivo tamén o subcampionato do Mundo na categoría de skiff peso lixeiro celebrado en Eton.[1]

Forma parte do equipo de remo do Real Club Náutico de Vigo.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Entrada “Zunzunegui Guimeráns, Juan” na GEG.