Joan March Ordinas
Joan March Ordinas "Verga", tamén coñecido como Juan March e como o banqueiro de Franco, nado en Santa Margalida (Mallorca) o 4 de outubro de 1880 e falecido en Madrid o 10 de marzo de 1962, foi un contrabandista, político e financeiro mallorquino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1880 Santa Margalida, España |
Morte | 10 de marzo de 1962 (81 anos) Madrid, España |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Deputado nas Cortes republicanas | |
1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Baleares (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Baleares (en) | |
Deputado das Cortes | |
18 de maio de 1923 – 15 de setembro de 1923 Circunscrición electoral: Palma (pt) Electo en: Eleccións Xerais 1923 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario, político, banqueiro, contrabandista |
Familia | |
Familia | Q5667002 |
Parentes | Diana Zaforteza, second niece Manolo March, neto Juan March Delgado, neto |
Traxectoria
editarFillo dun tratante de gando, de pequeno xa destacou pola súa visión das oportunidades de negocio. Casou con Leonor Servera, filla dun político de Manacor ligado á banca, o cal facilitoulle as relacións comerciais.
Destacou polo contrabando de tabaco, negocio no que se iniciou en 1906 en Alxer e o 1911 obtivo o monopolio de Marrocos grazas a José Calvo Sotelo dende onde empezou a facer contrabando cara á península.
En 1926 fundou a Banca March.
En 1936 March foi un dos principais financeiros do bando sublevado contra a república, e de feito foi quen pagou o alugueiro do avión que trasladou a Francisco Franco dende Canarias para comezar a guerra.
Fundou a Fundación Juan March.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Díaz Nosty, Bernardo (1977): La irresistible ascensión de Juan March. Barcelona: Ediciones Sedmay, S. A. ISBN 84-7380-240-3.
- Domínguez Benavides, Manuel (1934): El último pirata del mediterráneo. La escuadra la mandan los cabos. Hai unha reedición de 1999 en: O Castro, Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-774-9.
- Garriga, Ramón (1976): Juan March y su tiempo. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-5620-0.