Juan José Viñas

xurista e político galego
(Redirección desde «Juan José Viñas Valduvieso»)

Juan José Viñas Balduvieco[2], nado en Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1811[3] e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1881[4], foi un xurista e político galego.

Infotaula de personaJuan José Viñas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1811 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1881 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou leis en Compostela, continuando despois na Facultade de Cánones onde obtivo o Bacharelato en Cánones en 1832. Marchou a Madrid e ingresou en 1835 no Consello Real como oficial. En 1837 regresou a Compostela e traballou como Subsecretario de décimos e pasou en 1841 á Comisión superior de exame da Xunta Superior de Desamortización. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855, 1856-1865, 1866-1868). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1858-1859), deputado a Cortes polo distrito da Coruña (1840, 1843-1844 e 1844-1846), polo de Ortigueira (1846-1850 e 1851-1852) e polo de Santiago (1876-1878) e senador como representante da Universidade de Santiago de Compostela (1877), pero non chegou a tomar posesión.

O 30 de marzo de 1875 tomou posesión como alcalde de Santiago de Compostela, substituíndo a Andrés Tomás Bouza de Figueroa, converténdose no 1º alcalde tras a Restauración borbónica. Nese mesmo día renunciaron tódolos concelleiros que permanecían do anterior equipo municipal, un total de 10. O 9 de setembro foron cubertas 7 desas baixas de concelleiros. Non obstante, durante os meses do seu mandato foron moi poucas as veces que Viñas presidiu as sesións municipais, case sempre dirixidas polos tenentes de alcalde, José Varela-Cadaval Fernández-de Tejada e Francisco Sáinz Herrero, que o sucedeu na alcaldía o 1 de outubro tras presentar Viñas unha dimisión que foi aceptada.


Predecesor:
Luis Pose Varela
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1843 - 1845
Sucesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
Predecesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1846 - 1855
Sucesor:
Celestino Martínez del Río
Predecesor:
Celestino Martínez del Río
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1856 - 1865
Sucesor:
Simón Martín Sanz
Predecesor:
Simón Martín Sanz
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1866 - 1868
Sucesor:
José Montero Ríos
Predecesor:
Andrés Tomás Bouza de Figueroa
  
Alcalde de Santiago
 
1875
Sucesor:
Francisco Sáinz Herrero

Vida persoal editar

Estivo casado con Vicenta Calderón Oreiro, irmá do tamén político galego o III Conde de San Juan, Vicente Calderón Oreiro.

Notas editar

  1. La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-9-1881, p. 1.
  2. Existen 4 versións diferentes do seu 2º apelido. A que se presenta (Balduvieco) é a que aparece nas súas obras orixinais. Na web do Congreso dos Deputados se emprega Valdueso. E, por fin, tamén aparece noutras fontes como Valduvieso e mesmo Valdivieso.
  3. Ficha Viñas Valdueso, Juan José na web do Congreso dos Deputados.
  4. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 14-9-1881, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar